Etiquetas

25 mayo 2011

TERESA PORTO

Teresa Porto era filla de Lino Porto, médico pediatra que se encargou da Gota de Leche en Ourense dende o ano 1912. Cando el faleceu foi a súa filla, Teresa, a que se encargou do cometido de La Gota de Leche en Ourense e na provincia ata o ano 1933. Estes consultorios, ideados en Francia a finais do século XVIII e que se introducen en España a comezos do XX, foron unha fórmula para loitar contra a mortalidade infantil usando métodos de atracción como o de ofrecer gratuitamente leite como suplemento alimenticio. A estrutura básica da Gota de Leche-Consultorio de Lactantes consistía nunha sala de espera, un cuarto para pesar aos nenos, unha sala de consulta e lugar para entrega de biberóns, etc. Estes centros tiñan distintos patrocinios: uns foron mantidos por concellos, outros pola caridade privada, xuntas provinciais de protección á infancia, etc. Na provincia será o médico Lino Porto quen estea a cargo deste dispensario. Este facultativo facía fincapé nas medidas que as nais debían adoptar ante a crianza dos seus/súas fillos/as, reparando especialmente na educación da muller que, segundo el, adoecía dos debidos coñecementos. Insistía en que tanto mestres como mestras foran formados tamén en contidos puericultores para que, á súa vez, puideran dar charlas semanais en leccións nocturnas ás nais dos diferentes núcleos de poboación de Ourense. E, en efecto, parece ser que no Partido de Xinzo se levou a cabo esta experiencia dando bos resultados pois as nais acudían entusiasmadas[2]. Lino Porto reiteradamente solicitaba do Concello subvencións para a “Gota de Leche” para atender ás nais pobres e aos/ás nenos/as desvalidos/as.
Vid: Diario de un médico de guardia (idem foto) Vid: Cid Galante, Rosa María e Benso Calvo, Carmen, Entre a tradición e o cambio. A muller na sociedade ourensá de comezos do século XX, Ourense, Deputación Provincial, 2010.

No hay comentarios:

Publicar un comentario