Etiquetas

29 mayo 2011

MARISOL ACOSTA RODA

Nacida en Ourense en 1945 e criada en Zamora, esta muller polifacética no mundo da
 creatividade e a empresarial. Comezou a súa andaina profesional colaborando en diferentes medios de comunicación como El Correo de Zamora ou Radio Zamora

En 1968 ingresou no equipo da Cadea Ser de Salamanca como redactora radiofónica. Un ano despois iniciou o seu contacto co mundo da publicidade en Madrid traballando de redactora creativa para diferentes axencias de publicidade.

Dende 1982 ata 1985 foi a directora de Rdaio 80 en Salamanca. En xaneiro de 1985 converteuse na directora de Antena 3 en Salamanca cando esta cadea adquiriu as emisoras de Radio 80. Ese mesmo ano fundou a axencia de publicidade Ideas´Sshop á que se dedicou en corpo e alma durante estes últimos 25 anos. 

Tamén foi profesora na Escola de Publicidade de Salamanca nos anos setenta e presidenta da Asociación de Empresas de Publicidade de Salamanca. Pola súa traxectoria, recibiu o premio de periodismo en 1972.

Ademais disto tamén era pintora e realizou varias exposicións na Caixa de Aforros Municipal de Vigo. Nunha das entrevistas que concedeu á prensa dicía que "las obras clásicas las interpreto como clásicas y las que se adaptan bien al estilo modernmo como modernistas". Era da opinión que as mulleres se a adaptaban mellor ao mundo das artes pola súa sensibilidade. O seu artista preferido era Tolouse Lautrec.

Vid: La Noche, 19 de novembro de 1966, p. 1; La noche, 22 de novembro de 1966, p. 1.

25 mayo 2011

TERESA PORTO

Teresa Porto era filla de Lino Porto, médico pediatra que se encargou da Gota de Leche en Ourense dende o ano 1912. Cando el faleceu foi a súa filla, Teresa, a que se encargou do cometido de La Gota de Leche en Ourense e na provincia ata o ano 1933. Estes consultorios, ideados en Francia a finais do século XVIII e que se introducen en España a comezos do XX, foron unha fórmula para loitar contra a mortalidade infantil usando métodos de atracción como o de ofrecer gratuitamente leite como suplemento alimenticio. A estrutura básica da Gota de Leche-Consultorio de Lactantes consistía nunha sala de espera, un cuarto para pesar aos nenos, unha sala de consulta e lugar para entrega de biberóns, etc. Estes centros tiñan distintos patrocinios: uns foron mantidos por concellos, outros pola caridade privada, xuntas provinciais de protección á infancia, etc. Na provincia será o médico Lino Porto quen estea a cargo deste dispensario. Este facultativo facía fincapé nas medidas que as nais debían adoptar ante a crianza dos seus/súas fillos/as, reparando especialmente na educación da muller que, segundo el, adoecía dos debidos coñecementos. Insistía en que tanto mestres como mestras foran formados tamén en contidos puericultores para que, á súa vez, puideran dar charlas semanais en leccións nocturnas ás nais dos diferentes núcleos de poboación de Ourense. E, en efecto, parece ser que no Partido de Xinzo se levou a cabo esta experiencia dando bos resultados pois as nais acudían entusiasmadas[2]. Lino Porto reiteradamente solicitaba do Concello subvencións para a “Gota de Leche” para atender ás nais pobres e aos/ás nenos/as desvalidos/as.
Vid: Diario de un médico de guardia (idem foto) Vid: Cid Galante, Rosa María e Benso Calvo, Carmen, Entre a tradición e o cambio. A muller na sociedade ourensá de comezos do século XX, Ourense, Deputación Provincial, 2010.

14 mayo 2011

CARLOTA FEIJÓO SOTOMAYOR

Naceu en Ourense o 28 de febreiro de 1897 e era filla do propietario Urbano Feijóo Sotomayor, marqués de Santa Ilduara, que foi deputado pola provincia de Ourense e tamén  empresario en Cuba e integrante das FET de la Jons e sería nomeado embaixador en Monrovia no ano 57. Carlota era irmá de Elena, Ilduara e Mercedes que tamén figura neste blog.  

Comezou os estudos de Maxisterio matriculándose no Instituto no ano 1908 tras realizar o exame de ingreso o 1 de xuño de 1908.  Cursou tres cursos por libre ata 1911 e para os exames acudiu á Escola Modelo do director Angel Ferrín. Non nos consta que exercera como mestra podemos pensar que fixo os estudos para ampliar a cultura como era propio de moitas familias de certo nivel económico e social.

Como curiosidade poderiamos dicir que Carlota Feijóo doou en 1966 ao Museo do Pobo español unha bata do século XVIII, pódese ler no seguinte enlace: Doazón dunha bata do século XVIII.



Vid: Cid Galante, Rosa, A muller e educación en Ourense (1900-1930), tese de doutoramento.

07 mayo 2011

JUSTA CASTELAO BERNÁRDEZ

No libro de Posesións e Cesamentos do Instituto Provincial de Ourense figura como toma de posesión dona Justa Castelao Bernárdez que estivo de encargada interina gratuíta de Ciencias. Dona Justa Castelao Bernárdez era irmá de Consuelo Castelao Bernárdez que fixo estudos na Facultade de Ciencias de Santiago.

Vid: Bande Rodríguez, Enrique, Institucións docentes e grandes mestres en Ourense, 1846-2005, Vigo, Galaxia, 2010, p. 347.

06 mayo 2011

LOOR A LAS MADRES

(Fonte: La Región, 7 de Febreiro de 1925

01 mayo 2011

OLIMPIA VÁZQUEZ GUTIÉRREZ

Dona Olimpia Vázquez Gutiérrez era natural de Ourense, filla de xastres. Ingresou nos estudos aos quince anos, en 1908, fai catro cursos combinando opción libre e oficial e preparando os exames por libre no Colexio Modelo da cidade. Logo solicitou o traslado á Escola Normal de León onde realizou, en 1911, o exame na Normal Superior para o que foi preparada por Angel Ferrín. Finalmente realizou en 1913 os estudos superiores na Escola Normal de Pontevedra onde titulou coa máxima cualificación.

Comezou a exercer na escola nacional de Sagra en O Carballiño en 1914, logo foi para a escola de Esgos e casou en 1925 co tamén mestre Vicente González Losada que tamén era mestre.

Exerceu en Fraga Cabovilano en A Coruña e no Grupo Escolar Concepción Arenal da Coruña e en 1940 impúxoselle a corrección quinta do artigo 161 do maxisterio no seu grao máximo, isto é, a suspensión de soldo por dez meses.

(Fonte: Suevia, nº 24, 28 de xullo de 1912, p.8)


Vid:Cid Galante, Rosa, Muller e educación en Ourense (1900-1930), tese inédita. Cid Galante, Rosa e Benso Calvo, Carmen, Los expedientes de las estudiantes de bachillerato: una fuente básica para el estudio del alumnado femenino de los institutos. Ourense como ejemplo (1900-1930)Historia de la educación: Revista interuniversitaria, ISSN 0212-0267, Nº 26, 2007, págs. 437-470 e Hemeroteca

INDUMENTARIA FEMENINA


La Zarpa, 20-09-1927

SARA RUMBAO CONDE

Naceu en Allariz o 24 de xaneiro de 1888. Matriculouse no Instituto de Ourense no curso 1910-11 para cursar os estudos de Maxisterio. As materias que cursou foron Relixión e Historia Sagrada; Gramática castelá de 1º; Nocións de Aritmética e Xeometría; Nocións de Xeografía e Historia e Debuxo. En todas elas sacou sobresaliente. 

Tan só realizou un curso pois, como é sabido, a partir de 1912 suprimíronse os estudos de maxisterio para mestras nos Institutos. Polo tanto, solicitou traslado á Normal de León. Non obstante, non debeu efectuar o traslado pois, en 1932 ingresou, de novo, na Escola Normal de Ourense, cando esta xa tiña edificio propio no Progreso e cando se implantou un novo plan de estudos. Daquelas o plan de estudos era o profesional polo que, tras os tres cursos, no cuarto ano, en 1935, fixo as prácticas no Grupo Escolar Curros Enríquez de Ourense. En 1937 foi nomeada mestra interina con destino na escola de San Martín de Pazo, en Allariz. 

Logo vai a Madrid e inscríbese na Escola Normal Central de Mestras onde acada unhas cualificacións brillantes e, a continuación, saca as oposicións a Inspectora. Exerceu en Córdoba, logo en A Coruña.

Vid: Cid Galante, Rosa María, Muller e educación en Ourense (1900-1930), tese de doutoramento en publicación; Galicia, 2 de outubro de 1932, p. 1; "Información del magisterio", Galicia, 21 de setembro de 1935, p. 6; "Nombramientos de maestros interinos grado profesional", El Eco de Santiago, 3 de marzo de 1937, p. 2.