Etiquetas

25 febrero 2011

CARMEN LASO JUSTO

Carmen cremos que naceu en Ourense e era profesora de partos. Despois duns estudos e cualificacións sobresalientes recibiu o Título de Matrona na Universidade de Santiago en outubro de 1913. O seu currículo completouse coa revalidación do Gran Hospital Real de Santiago e como interna en Bos Aires.

(Fonte: El Progreso, 18 de outubro de 1913, p.1). Galiciana.

(Fonte: La Región, 25 de xuño de 1919, p.1). Galiciana.

Abriu o seu consultorio na cidade na rúa Liberdade, 33 onde atendía a todas as mulleres e ofrecía pensión para aquelas que non podían ser atendidas na súas casas. 

Anunciou o seu centro na prensa local La Región e La Zarpa, polo que foi unha muller significativa na cidade.

(Elaboración propia).