Etiquetas

07 febrero 2011

ANTONIA RODRÍGUEZ LÓPEZ

Antonia era irmá de "Chelo" pertencentes a unha familia republicana. Os seus pais foron fusilados e os seus catro irmáns morreron na guerrilla antifranquista. Foi enlace e despois combatente na 1ª Agrupación da Federación de Guerrillas León-Galicia. Morreu o 7 de setembro de 2012 en París onde vivía dende que se exiliou en 1948. 

Cando no congreso de intento de reunificación dos socialistas e comunistas chegou a Garda Civil as irmás conseguirson fuxir e en 1947 separáronse. Antonia foi a Asturias e reuniuse con César Ríos e embarcou a Francia. Os comezos foron difíciles pois non tiñan papeis e De Gaulle non quería acoller a españois fuxidos. Logo xa normalizaron a súa vida. Antonia tivo unha filla que é profesora de Español.

Vid: http://www.vitimas.nomesevoces.net
Guriarán, J. A., As mulleres do monte, Galaxia, Vigo, 2015.
Foto: El País, 16 de setembro, 2012.