Ourense tamén conta con nomes propios de mulleres que transcederon na historia. Foron e son pioneiras destacadas en diferentes campos. Por tal motivo, é preciso recoñecelas xa que constitúen unha base importante na nosa historia local. Deste xeito, Ourense contribúe a ampliar a nómina das mulleres que ao longo da historia e en moitos lugares foron invisibles. Rosa M.Cid Galante.
31 octubre 2010
ELSA FERNÁNDEZ
28 octubre 2010
ROSA MALINGRE PARMANTIER
23 octubre 2010
ABADESA GUNTRODA
22 octubre 2010
CARMEN MALINGRE LUDEÑA
17 octubre 2010
ADELA BOO GALLEGO
MARÍA DE LA PAZ DELGADO MEIRIÑO
Freire Quintas, Laura, Aportación a la Historia de la Farmacia en la provincia de Orense, traballo presentado na Facultade de Farmacia da Universidade Complutense en 2015, p., 207. (Foto extraída de Freire Quintas); FAMILIA MEIRIÑO DE PAZOS. (2023, June 15). Blogspot.com. http://lacasadelperu.blogspot.com/2015/07/familia-meirino-de-pazos.html
CONSUELO CASTELAO BERNÁRDEZ
Fixo os estudos no Instituto de Ourense e no ano 1924 acadou o título de Bacharelato e solicitou o certificado de tralado para a Universidade de Santiago.
No ano 1926 comezou os estudos na Facultade de Ciencias en Compostela e alí permaneceu catro anos, logo dos cales pediu un Certificado de Estudos para Madrid e estivo na Residencia de Señoritas dirixida por María de Maeztu.
O seu expediente académico univesitario foi brillante obtendo premio en Química Analítica.
No ano 1933 preséntase aos cursos para acceder ao Maxisterio aprobando os tres exercicios. Pasou a exercer na escola de Calvelle e, en 1934 déronlle a escola de nenas número 1 da cidade e logo á de Rivera. En 1935 asinaría unha carta que se enviou ao decano de Pontevedra na que se pronunciaron unha serie de profesores, entre eles Angeles Leirós, contra o intrusismo da profesión nos colexios privados. Por necesidade de servizo no Instituto de Ourense, autorizouse a Consuelo que se agregara ao mesmo en 1937 por tal motivo solicitou a excedencia na escola de Rivera.
Autorización:
Por la misma Autoridad, y en atención a las necesidades del servicio, se autoriza a Doña Consuelo Castelao Bernárdez para que siga agregada al Instituto hasta que las circunstancias permitan el traslado de la misma a la escuela que regentaba[1]
Máis tarde fundou a Academia Cervantes na rúa da Habana, número 18, no que se impartían clases particulares de bacharelato cun máximo de dez alumnos.
Nos anos 1970 seguía impartindo clases particulares de Matemáticas, Física e Química na actual rúa do Progreso pero en 1971 pasou a impartilas na rúa Xoan XXIII, número 14.
MARTINA GALLEGO IGLESIAS
Instalou en 1927 a súa consulta que estaba situada na rúa Pizarro, nº 20. Tamén asistía nos propios domicilios e acudía aos pobos de arredor. Dita consulta tiña un rótulo público concedido polo Concello en abril de 1927 para facilitar a localización.
Unha muller independente que vivía do seu traballo. Na cidade había bastantes mulleres que exercía a profesión de matrona pois non había unha Clínica de xinecoloxía para atender ás mulleres. Eran profesionais moi solicitadas e, como Martina, anunciábanse na prensa local para dar conta da súa formación e dos servizos de atención ás parturientas.
Vid. Cid Galante, Rosa María, “As primeiras ourensás ante o reto da educación universitaria (1900-1940)”, e Minius, nº 11 e nº 12; Galicia, 20 de novembro de 1930, p. 7..
TAREIXA LOURENZA
ELVIRA RODRÍGUEZ
TERESA GÓMEZ
12 octubre 2010
SARA CÓLEMAN
AUREA RIVELA
08 octubre 2010
LORENA LUACES
02 octubre 2010
TERESA TÁBOAS
RAQUEL DANS LOSADA
ANTONIA AVILÉS DE VEGA
MARÍA DEL CARMEN PADILLA GARCÍA
Fotografía: Vida Gallega, nº 77, 30 de outubro de 1916, p, 17.