Etiquetas

05 agosto 2010

RAFAELA LÓPEZ ÁLVAREZ

Naceu en Laias, Cenlle, o 17 de xullo de 1911 e os seus pais eran propietarios de terras. Matriculouse por libre no Instituto no ano 1927 cando tiña 16 anos e tras realizar o exame de ingreso o 6 de xuño. Estudou tres cursos correspondentes ao Bacharelato Elemental para solicitar certificado á Escola Normal de Ourense. anos (1). 
Foi represaliada na Ditadura e que sufriu a Depuración de Mestres Nacionais levada a cabo a partir de 1936. A depuración tiña o obxectivo de eliminar calquera resto de laicismo, innovación pedagóxica, coeducación, etc. A partir de entón non se podería exercer como docente se non pasaba as probas de control moral e conduta correcta que a Ditadura esixía. 
Rafaela incorporouse e estivo destinada na escola de Costeira en Carballeda de Avia e despois foi desprazada á de Rante en San Cibrao e nos anos cincuenta exercía na de Taboadela. 

(1) Cid Galante, Rosa María, Muller e Educación en Ourense 1900-1930, Tese de doutoramento. 2006.
Fonte: Hemeroteca e Ministerio de Cultura e Deporte.