Etiquetas

05 agosto 2010

BEATRIZ PÉREZ FREIRE

Mestra Nacional natural de Vilamarín, Ourense. Segundo a normativa depuradora, as Comisións debían pedir polo menos catro informes diferentes: ao Alcalde, Cura Párroco, Xefe da Garda Civil e a un pai de familia ben considerado, que vivisen onde estivese situada a escola e individuo obxecto de investigación. Estes informes foron a base fundamental sobre a que asentou  a depuración. Pero os membros das comisións tamén podían solicitar informes a outras instancias:comandancias da policía, servizos de información militar, servizos técnicos e administrativos das inspeccións educativas, particulares. Foi frecuente o emprego da delacion para redactar cargos dirixidos contra os docentes.

Beatriz apareceu nas listas de depuración pero, como xa temos comentados noutras ocasións, moitas mestras puideron repoñerse nos seus cargos, o que se deu en chamar, "confirmar" a praza unha vez que se achegaban informes de boa conduta.

Fonte: Ministerio de Cultura e Deporte.