Etiquetas

06 marzo 2010

PILAR FERNÁNDEZ GARCÍA

Pilar naceu o 27 de xaneiro de 1914 en Ourense e filla de Carmen García Pérez e Emilio Fernández Barja o dono dos Almacéns Santa Eufemia que casaron en 1904 na Igrexa de Santa Eufemia do Centro. O matrimonio tivo seis fillos, cinco nenas e un neno. O pai realizaba periódicos viaxes a Barcelona a comprar xénero para traelo a Ourense, polo que estaba ao orden do día das novidades e modas.

O ambiente familiar propiciou que Pilar se matriculase no Instituto de Segunda Ensinanza de Ourense tras realizar o exame de ingreso o 23 de xuño de 1927, cando tiña trece anos.

Fixo o Bacharelato elemental e o universitario rematando os estudos en 1933. Foi unha destacadísima alumna sendo reseñada na prensa ourensá da época pois obtivo vinte e dous sobresalientes dos cales, once con matrícula de honra.

O 30 de setembro de 1930 expediu o título de bacharelato elemental e o 9 de agosto de 1933 o título de bachiller universitario e tamén unha certificación para a Univesidade de Santiago. 

Durante estes anos Pilar sufriu a perda dos seus pais pois a súa nai morreu en agosto de 1935 e poucos anos despois, en decembro de 1937, faleceu o seu pai,. Foron unhas perdas moi sentidas por toda a cidadanía ourensá.

Malia a pena de verse orfa, Pilar matriculouse na Facultade de Farmacia na que continuou sacando unhas cualificacións sobresalientes logrando a licenciatura en 1938. Instalaría a súa farmacia en Ourense na Rúa das Tendas nº 2 na esquina da Praza Maior.

(Fonte. La Región, 12 de decembro de 1949, p. 4)

Vid: Cid Galante, Rosa María, Tese de doutoramento; e hemeroteca.