Etiquetas

07 marzo 2010

PACITA SUEIRO MARTÍNEZ

Naceu en Ourense e era filla de Manuel Sueiro Iglesias e de Carmen Martínez Padrón. Os seus irmáns eran Gerardo (médico), Francisco e José (mestre).

Paz Sueiro, coñecida popularmente como Pacita Sueiro foi a directora do Colexio situado na rúa La Libertad de Ourense. Exerceu como docente dende os dezaseis anos continuando co labor do seu pai, Manuel Sueiro, fundador do Colexio Sueiro de Ourense. Casou Antonio Iglesias Vázquez que faleceu en 12 de novembro de 1968.

Manuel Sueiro foi un home de maxisterio e comprometido. Formou parte das Xuventudes Socialistas ocupando en 1914 o cargo de secretario cando Manuel Suárez Castro era o Presidente de dita agrupación. Foi o director do Colexio Sueiro que resultou un centro de referencia na capital. Impartíase ensinanza graduada e secundaria e estaba situado na Rúa Liberdade. A Academia inspirábase nos principios da Institución Libre de Ensinanza. Manuel integrouse na ATEO polo que sería depurado en tempos da ditadura. Faleceu o 31 de xaneiro de 1962 e foi cando Pacita tomou as rendas do centro como directora.

(Fonte: La Región, 17 de agosto de 1922, p. 1)

Interesante a referencia a Manuel Sueiro Iglesias de: Gonzalo Iglesias Sueiro "Papeles del abuelo visionario", La Región.