Etiquetas

28 febrero 2010

PILAR BOUZAS PÉREZ


Pilar Bouzas naceu en Allariz e foi mestra formada na II República e primeira concelleira de Allariz. Foi represaliada co exilio en Teruel polo franquismo. Ao regreso a Allariz exerceu por primeira vez a súa profesión e realizou proxectos sociais e educativos interesantes como o fomento da lectura, promoción da poesía, organización de tarefas para rapaces sen medios económicos para que puidesen rematar os estudos e tamén campañas de colaboración co terceiro mundo. Era irmá de María Bouzas.
Vid: La Voz de Galicia. Foto: La Voz de Galicia.