Etiquetas

08 diciembre 2010

SOR DORINDA SOTELO RODRÍGUEZ


Naceu en Lodoselo (Ourense) o día dezaseis de febreiro de 1915. Era filla de Manuel Sotelo e Rosa Rodríguez. Á morte da súa nai, Dorinda tiña 14 anos, tres irmáns máis pequenos e o seu pai sumido na tristura. Foi educada no colexio da Purísima de Ourense, admitida neste o 29 de setembro de 1930. O 8 de decembro do mesmo ano ingresou como aspirante na Asociación de Fillas de María Inmaculada. Resultou ser moi aplicada e progresou bastante durante os case tres anos que permaneceu no Colexio, finalmente asume a decisión de entrar na Compañía das Fillas da Caridade. O 13 de marzo de 1933 sae do Colexio en direción a León e dende alí vai a Madrid para facer a entrada ao Seminario da Casa Central de Madrid. O 20 de maio de 1933 cumpríanse os desexos, era Filla da Caridade. Esta relixiosa vicenciana de Hijas de la Caridad foi perseguida no período previo da guerra. Destinada en Barcelona estivo refuxiada na casa do doutor-médico facéndose pasar por criada. Foi denunciada e executada no Monte Tibidabo o 24 de outubro de 1936.
Tamén a Vicenciana "Hijas de la Caridad" Sor Ramona Cao Fernández que naceu en A Rúa no ano 1883 morreu no tren de Xaén a Madrid no que sería denominado "Tren da morte".
HERNÁNDEZ FIGUEIREDO, J.R. Las Hijas de la Caridad en Ourense. Beneficiencia y enseñanza (siglos XIX e XX), Deputación de Ourense, 2007, 251-253.

FELY MANZANO

Naceu en Ourense no ano 1942. É atriz de recoñecido prestixio dedicando toda a súa vida a crear personaxes no mundo do teatro. O papel máis achegado á xente foi o desempeñado na serie "Pratos combinados". Unha vida enteira dedicada á creación de personaxes, á procura de brindarlle corpo, voz e rostro ás creacións de autores tan disímiles como Vale Inclán, T. Williams, Strimberg, Calderón da Barca, Antón Chejov, Ionesco, Moer, T Bretón, Fassbinder, Sartre.

Fely puxo na súa mochila de todo un pouco, teatro en castelán e teatro en galego, longametraxes, curtametraxes, series de televisión, videoclips, dobraxe, publicidade; unha longa lista de títulos, autores e directores de onte de hoxe e de sempre e a todos púxolles a mesma dedicación e o mesmo amor, "todos os fixen con agarimo, todos son trocitos da miña vida" segundo as súas propias palabras, "todos son moi distintos para valorar, non é o mesmo estar a facer unha serie doce anos como foi Pratos combinados, algunhas películas e curtos, e tamén teatro, que para min é o mellor que lle pode pasar a un actor".
Polo seu papel protagónico (Señora Carme) na comedia Pratos combinados (Teleserie de CRTVG) segue sendo admirada e lembrada a señora Fely Manzano Conde polo público galego.
Entre os premios recibidos Fely ostenta o Premio á mellor actriz no Festival de San Telmo (Buenos Aires) en agosto de 2004 outorgado á súa estupenda interpretación de Felicidade, na curtametraxe "As Muxicas", o Premio á mellor actriz na Facultade de Comunicación de Pontevedra en xuño de 2010 pola interpretación de Carmen na curtametraxe "A señora Carmen"; Fely foi ademais nomeada aos premios Mestre Mateo 2007 como Mellor actriz de repartición polo seu papel na película "Un Franco, 14 pesetas"; pero ao meu modo de ver o mellor galardón para esta gran artista é a homenaxe que lle rendamos á súa longa traxectoria, á súa paixón por todo o que fai, á humildade que profesa e ao seu incondicional entrega a unha profesión de sacrificio e inestabilidades chea.
En outubro de 2012 alzouse co Premio a Mellor Actriz Protagonista na curtametraxe "Dulce" de Iván Ruíz Flores, no Nasicae Festival  recentemente celebrado en Italia.

Vid: Wikipedia. Vid: Dulce

04 diciembre 2010

TAREIXA TABOADA


Nace en Ourense no ano 1972. Dedícase á pintura cun estilo moi expresionista e tamén á escultura. Ten un carácter extrovertido que se manifesta a través da súa pintura.

PATRICIA SACO

Naceu en Ourense no ano 1981. Xa dende moi nena mostrou moito interese polo mundo da creatividade tanto no eido pictórico, como musical, fotográfico, etc. Estuda música en Santiago e Deseño Gráfico na Coruña. Ten realizado exposicións tanto individuais como colectivas e obtivo importantes premios.

AMPARO RIBEIRO


Naceu na Rúa, Ourense. Destaca no mundo da pintura onde facendo exposicións tanto colectivas como individuais dentro e fóra de España dende o ano 1998.

JOSEFINA ALONSO NOCELO


Naceu en Ourense e é enxeñeira de profesión. Comeza a súa traxectoria plástica en 1987 con Pilar Iglesias Soto. Dende 1997 comeza a realizar exposicións individuais ata que se traslada a Vigo en 2003. En Vigo formará parte da agrupación PlusArtis. As súas obras atópanse en Miami, Holanda, Suíza, Portugal, Canadá e España.

21 noviembre 2010

ELADIA RAMONA PEDRAYO ANSOAR

Eladia Ramona Pedrayo Ansoar, naceu o 18 de febreiro de 1859 en Ourense. Nesta mesma cidade morrerá un 4 de febreiro de 1957 con case 98 anos. Eladia tiña dúas irmás. Lucila, a máis nova, naceu en 1862 e morreu o 5 de febreiro de 1946. Casara con Casiano Martínez Blanco e tiveran seis fillos. A outra irmá de Eladia chamábase María de las Nieves Gabriela Vicenta. Naceu o 5 de agosto de 1857 e morreu o 13 de decembro de 1945. Casou con Ángel Franches Pérez e non tiveron descendencia. Franches será quen se encargue de todas as cuestións familiares e convértese nun referente masculino durante a primeira mocidade de Otero, pois coa perda en 1904 do pai é o único home nunha familia de mulleres, xa que Casiano morrera en 1903 e o seu tío Ricardo está lonxe. Pedrayo non chegou a coñecer a súa avoa materna. Chamábase Antonia Ansoar e morrera en 1864 con 38 anos, a súa filla Eladia convértese en orfa cando apenas tiña seis anos. O pai de Eladia, Ramón Pedrayo Silva, farase cargo da familia até a súa morte o 3 de maio de 1899 cando contaba 77 anos. Era o padriño de bautismo de Ramón Otero Pedrayo a quen este debe o seu primeiro e máis coñecido nome. Este avó exercía como avogado no número 17 da praza Maior de Ourense. En 1844, comeza a súa dedicación á avogacía. No ano económico 1896-1897 era o decano da Xunta de Goberno do Ilustre Colexio de Avogados de Ourense. A figura do avó Ramón Pedrayo inflúe decisivamente na vida académica do noso autor. En 1905, sendo xa alumno da Facultade de Filosofía e Letras da Universidade Central de Madrid, matricúlase en Dereito porque así llo pedira súa nai. Eladia procedía dunha familia de escribáns, notarios e avogados. Bernardo Pedrayo Andelo (1793-1874), pai de Ramón Pedrayo Silva e padriño de Eladia, era escribán. O avó de Eladia por parte da nai, de nome Antonio Ansoar, morreu en 1837 e exercía como notario; e o avó e bisavó de Ramón Pedrayo Silva por parte da nai, Salvador Silva e Benito Silva, pertencían tamén á profesión. Por todo isto Eladia decide que o futuro do seu vinculeiro debía seguir ese camiño. En xeral, don Ramón non nega nada á súa nai e por compracela licenciarase en Dereito. En 1916 un Otero que prepara sen éxito as oposicións para catedrático de instituto pensa, nun momento de debilidade, en seguir os consellos maternos, deixalo todo e prepararse para notario. Tres anos despois superou as duras probas e logrou converterse en profesor de instituto. Despois da morte de Enrique Otero, a nai de Otero Pedrayo contará durante un ano e medio, xustamente até o 5 de setembro de 1906, coa axuda e compañía da súa sogra, Vicenta Sotelo Puga, madriña do escritor. Vicenta era unha muller forte e afeita á vida na aldea. Naceu en 1816 no lugar de Vilar do Monte, parroquia de Santa Baia de Aguada, no concello de Carballedo, na provincia de Lugo, e pasou case toda a vida na casa de Trasalba. As coincidencias biográficas fixeron que entre elas se establecese unha sólida relación. Vicenta tamén quedara viúva prematuramente cun fillo de 20 anos ao seu cargo. Tras a morte de Vicenta, Eladia instálase definitivamente na aldea e asume o goberno da casa. Estas dúas mulleres, fundamentais na adolescencia de Otero Pedrayo, representan o traballo duro e a decisión e son con toda seguridade o referente inmediato á hora de trazar a figura de dona Ramona, a protagonista de Os camiños da vida. A temperá viuvez da nai e o feito de ser Otero Pedrayo fillo único, semellan constituír os dous piares principais nos que se cimenta unha relación de mutua dependencia a todas luces complexa. Na época que Otero xa casado vive en Ourense e Eladia en Trasalba tamén ha de contar os días para visitala. A preocupación pola súa nai aumenta a medida que ambos envellecen. Nos últimos sete anos de vida de dona Eladia Otero viaxaba case todas as fins de semana de Santiago de Compostela a Trasalba. Durante moitos anos o núcleo familiar quedará reducido á nai e ao fillo. En 1923 o binomio verase acrecentado ao casar este con María Josefa Bustamante Muñoz. A partir desta data o triángulo péchase definitivamente e os seus dous vértices femininos convértense en parte fundamental e eixo central na vida do noso escritor. Eladia era unha muller tenaz e resistente que pronto se nos revela como unha proxenitora empeñada en darlle estudos ao seu único fillo, aínda que para iso teña que pasar privacións. Manterá co seu traballo e perseveranza a casa e a facenda de Trasalba e até a súa morte ocuparase sen intermediarios do goberno e administración das múltiples propiedades da familia. Ramón Otero Pedrayo nunca ocultou a admiración que sentía polo traballo da súa nai e estaba orgulloso dela, cualificándoa en moitas ocasións de gran traballadora. Vid: http://www.editorialgalaxia.es/imxd/libros/doc/1152620870Docum_Otero_169.pdf

LUCÍA CASANOVA

Nacida en Ourense esta moza cursou estudos de Deseño e Moda na Escola Superior de Deseño e moda de Felicidad Duce en Allariz. Realizou tamén o Ciclo superior de Artes plásticas e Deseño de Estilismo na Escola de Allariz. Obtivo varios premios en certames diversos e traballou para Adolfo Domínguez e Pilar Bande.

20 noviembre 2010

ANA LEGIDO

Naceu en Ourense en 1939. Casou co debuxante e pintor Fernando Quesada. Participou en numerosas exposicións individuais e colectivas patrocinadas polo Ministerio de Cultura, Comunidade de Madrid, Galería Ramón Durán, Centro Naïf, etc. Tamén obtivo importantes premios. Reside en Vigo dende 1960. Vid: http://www.culturagalega.info/

MARÍA DEL CARMEN GONZÁLEZ BOÁN (MANÉ BOAN)


Naceu en Ourense e cursa estudos na Facultade de Química de Santiago onde se licencia. Asiste a clases de pintura na Escola de Artes de Ourense. A súa pintura reflicte claramente a relación da pintora coa química, estudos que cursou de tal xeito que experimenta con novas técnicas e linguaxes expresivas. A súa característica principal é a de experimentar cos metais como soportes de cromatismo, pátinas e texturas e que ela extrae empregando reaxentes químicos, pigmentos e pintura.
Realizou numerosas exposicións dentro e fóra de Galicia e obtivo premios importantes.

MARÍA PUERTAS FEIJOO-MONTENEGRO


Naceu en Ourense no ano 1973. Cursa estudos na Escola Superior de Arte e Deseño de Ourense. Realizou numerosas exposicións dende o ano 1999 ata os nosos días en Ourense, resto de Galicia e en Portugal. Tamén realiza ilustracións de libros, poemarios, catálogos, etc. Acadou varios premios en diferentes lugares da xeografía española. É unha artista moi dinámica e prolífica, cunha técnica polivalente.

ELENA MALLEIRA


Naceu en Ourense no ano 1970 e no ano 1993 licenciouse en Bellas Artes en Salamanca. Actualmente é profesora na Escola de Artes Antonio Faílde dende o ano 1997. Foi deseñadora de cristal e cerámica en porcelanas Galos entre 1995 e 2002. Realizou interesantes exposicións en solitario e colectivas por Galicia. En 1999 foi seleccionada en Pintura Sala de Arte Valentí (Barcelona).

14 noviembre 2010

ADRIANA DOMÍNGUEZ


Naceu en Ourense no ano 1978 e é a filla do deseñador Adolfo Domínguez. Pero ela brila por méritos propios. Viaxou moito dende que era unha nena e estudou en Nova York, pero antes de desprazarse alí asistiou ao teatro de Lee Strasberg, ao Stella Adler e ao HB Studio. É membro activo de HB Studio. Traballou como atriz nas seguintes películas:
"El puente de San Luís Rey"
"El regalo de Silvia"
"Noviembre"
"El sueño de Ibiza"

01 noviembre 2010

BLANCA BLANCO

Blanca aparece inscrita, xunto con Ricardo Outeiriño, Cándido Blanco, José Fernández Dacal e o cóengo Bartolomé Mostaza en Acción Cidadá Galega en 1931, ano no que se funda. Este partido sería o precedente ourensán de Acción Popular e a CEDA. Vid: BARREIRO FERNÁNDEZ, X.Ramón, "Historia política de Galicia Contemporánea" en A Gran Historia de Galicia, Tomo XI, volume V, p. 22. PRADA RODRÍGUEZ, X., "Catolicismo e movilización política Femenina en Galicia durante el primer tercio de siglo XX" en www. unican.es

31 octubre 2010

ELSA FERNÁNDEZ


Introducimos a Elsa Fernández por ter as súas raíces en Ourense. Elsa Fernández nace en Bos Aires en 1933, era filla de emigrados de Entrimo. Dende pequena mostra unha gran vocación musical, estudando piano. Dende moi nova traballa como administrativa no Centro Gallego, onde tratará con figuras da colectividade coma Luis Seoane ou Eduardo Blanco-Amor, co que chegará a ter unha grande amizade. Ademais das súas tarefas estritamente profesionais, colaboraba con AGUEA (Asociación Gallega de Universitarios, Escritores y Artistas, que estivo en activo entre o 1956 e o 1959), e axudaba a Seoane con Galicia Emigrante, realizando subscricións, envíos e demais. Sempre disposta a colaborar coas institucións da colectividade, tamén foi secretaria de progaganda da Comisión de Damas do Hogar Gallego de Ancianos.Elsa tivo un papel sobranceiro dende o primeiro momento na Asociación Argentina de Hijos de Gallegos, creada en Bos Aires o 29 de outubro de 1959, e na que figura como membro fundadora e vogal suplente da primeira xunta directiva. Máis adiante, no 1962, figurará coma presidenta. A asociación trataba de agrupar á segunda xeración de galegos residentes na Arxentina e entre as actividades que organizaron destacan os cursos de galego, un seminario de estudo sobre Sempre en Galiza de Castelao, a edición do libro de Ramón Piñeiro, traducido ao castelán Dos ensayos sobre la saudade, e a publicación da revista Alén Mar. Tamén tivo protagonismo en “Follas Novas- Feira do livro galego”. Esta era unha iniciativa creada por Xosé Neira Vilas e Anisia Miranda o 15 de xullo de 1957, dedicada á difusión do libro galego en América. Follas Novas mantiña vitrinas en institucións galegas da capital arxentina, imprimía catálogos e divulgaba a súa actividade a través da prensa e a radio. Funcionaba como feira permante sobre a actividade bibliográfica galega, e a partir de 1960 tamén publicou varios títulos. Elsa Fernández participa da iniciativa dende o primeiro momento, e mantén amizade co Neira Vilas e Anisia Miranda. De feito, esta déixalle o seu vestido de boda cando Elsa casa con Alberto Cabrera e tamén regálalle o “Pepón”, un “boneco fazuleiro vestido de galego”. Dende a marcha a Cuba de Neira Vilas e Anisia en xullo de 1961, Elsa Fernández encárgase da dirección de Follas Novas, representando as editoras galegas Galaxia e Bibliófilos Gallegos. Relacionado coa difusión do libro galego, Elsa tamén xestionou un breve espazo radial, emitido por Radio Excelsior, chamado Mirador Bibliográfico Galego, no que lía textos sobre libros galegos.Ademais da actividade a prol da cultura galega, Elsa Fernández dedicouse a escritura cunha obra na que se reflicte constantemente a súa dobre condición de arxentina e galega. Un exemplo desta temática podería ser “¡La tierra de mis padres!”, un texto que lle valeu o segundo posto do Premio “Emilia P. Bazán” do Centro Lucense en 1958: “Galicia no es un paisaje para mí, tampoco es una historia, una geografía, un país. Galicia es mi paisaje, mi historia, mi geografía y mi país; y por ello como argentina soy más argentina entroncando mi raíz gallega en este asunto, confirmando mi ascendencia en esta América y formándome una conciencia nacional más cabal a través de mi pasado.”Colabourou con moitas das publicacións da colectividade de Bos Aires e Rosario de Santa Fe. Na revista Vieiros, publicación do padroado da cultura galega de México, publicou un artigo titulado “A poesía Galega dun poeta american”, no que trata do poeta José González Carbalho, que coma ela, era fillo de emigrantes galegos na Arxentina.Na súa faceta de poetisa a súa obra en galego Escolma foi finalista no concurso organizado polo grupo “Brais Pinto” de Madrid no ano 1961. O seu único libro foi Lonxanía (1965), un libro póstumo no que se recolle o poemario anterior e mais un feixe de poemas inéditos escritos en 1964, en galego, “Cantiga infinida” , e en castelán, “Cancións para meu neno”, poemas para o seu fillo de curta idade Na edición de Lonxanía – seudónimo co que se presentara ao premio Brais Pinto- colaboraron Luis Seoane, que debuxou a cuberta e fixo un gravado en madeira que foi incluído na edición; Laixeiro, autor dun retrato de Elsa, e tamén Ricardo Palmás, Carlos Zubillaga e Basilo Losada que escribiron prólogos de lembranza dos seus traballos en defensa da cultura galega. Elsa faleceu moi nova, o 29 de abril de 1964, con só trinta anos, e sen poder visitar a súa Galiza soñada. Os seus restos foron inhumados no Panteón do Centro Gallego o 30 de Abril sendo despedidos con sentidas frases pronunciadas por José Romero a nome dos seus compañeiros de tarefas do Centro Gallego, e cun discurso de Eduardo Blanco Amor, que pediu persoalmente poder falar na celebración. Antonio Pérez Prado, compañeiro na Asociación Argentina de Hijos de Gallegos escribiu anos despois: “Entre las cosas que nunca podré aceptar figura, ciega, su muerte; entre lo que siempre me lastimará reconozco la pena de que Elsa no haya visto, con aquellos ojos tristes, la Galicia de sus antepasados”.
Foto: idem

28 octubre 2010

ROSA MALINGRE PARMANTIER

De novo contamos coa inestimable aportación de información por parte de Ana Malingre. Neste caso fálanos de Rosa Malingre Parmantier que era irmá do empresario Manuel Malingre Parmantier.Veu a Ourense co seu irmán en 1860. Non casou e dedicábase a dar clases de francés na súa casa situada na rúa Santo Domingo. Así pois, estamos ante unha muller con preparación intelectual. Esta enterrada no cemiterio de San Francisco.

23 octubre 2010

ABADESA GUNTRODA

Guntroda era a abadesa do mosteiro dúplice de San Martiño de Pazó (Allariz) no século X. Esta muller foi protagonista de certas fazañas. Guntroda era filla de Ildoncia, irmá de Gutier Menéndez, polo tanto era de orixe aristocrático. Esta muller tiña intención de apoderarse tanto de Santa María de Ribeira como de Santa Comba de Bande. No que se refire a Santa Comba de Bande, Guntroda posuía unha escritura de propiedade que esta defendía con gran celo. Pero a posesión de Santa Comba estaba en mans de Vermudo que lla deixa en herdanza ao seu fillo Odoíno. Pero este, temendo os conflitos que podía xerar o feito de non pousír el a escritura, recorre a Ramiro II coa intención de recuperala. Ramiro recorre á súa vez ao bispo San Rosendo que conseguirá que Guntroda lle entregue a escritura. Pero Guntroda presenta unha demanda de devolución nun magno concilio celebrado en León. Aquí, o bispo compostelán Hermexildo declara que o verdadeiro dono de Santa Comba de Bande é Odoíno. Guntroda ve unha nova oportunidade de posuír Santa Comba cando Odoíno é acusado de manter relacións cunha monxa. Pídella ao conde Rodrigo e faise cos dereitos sobre ela. Pero cando Odoíno doa Santa Comba ao mosteiro de Celanova, Guntroda xa non terá máis pretensións pois non quería enfrontarse aos monxes do mosteiro. Vid: Pallares Méndez, MªC e Portela Silva, E., Gran Historia de Galicia. Da Galicia antiga á Galicia medieval (séculos VIII-XI), pp. 206-208.

22 octubre 2010

CARMEN MALINGRE LUDEÑA

É para min unha satisfación contar coa colaboración de Ana Malingre. Ana proporcionoume información sobre Inés Ludeña e agora faino, de novo, informándome de Carmen Malingre Ludeña. Estoulle moi agradecida.
Pois ben, Carmen Malingre Ludeña rexentaba a comezos de século un Almacén de carbóns. Ten o seu mérito, pois era algo inusual que unha muller levara adiante un negocio deste tipo. Carmen Malingre era filla de Inés Ludeña e Manuel Malingre Parmantier. Era a nai de Julio Freijanes Malingre, o primeiro médico que aplicou a Penicilina en Ourense, e sogra de Paz Parada Pumar, quen está presente neste blog por ser unha das primeiras tituladas en medicina na nosa provincia.
(Foto: proporcionada por Ana Malingre)

17 octubre 2010

ADELA BOO GALLEGO

Naceu en Piñor (Barbadás) en 1904. Era filla de propietarios. No ano 1926 matricúlase nos estudos de Farmacia facendo cursos por libre e outros por oficial. No ano 1934 acada a titulación. Vid: AHUS, Expedientes personales Cid Galante, Rosa María, “As primeiras ourensás ante o reto da educación universitaria (1900-1940)”, e Minius, nº 11 e nº 12.

MARÍA DE LA PAZ DELGADO MEIRIÑO

Naceu en Pazos no ano 1911. Era filla un propietario. No ano 1926 matricúlase na Facultade de Farmacia en Santiago realizando algúns cursos por oficial e outros por libre. No ano 1931 acada o título de Licenciada. Vid: AHUS, Expedientes personales Cid Galante, Rosa María, “As primeiras ourensás ante o reto da educación universitaria (1900-1940)”, e Minius, nº 11 e nº 12.

CONSUELO CASTELAO BERNÁRDEZ

Naceu en na cidade de Ourense en 1904 e era filla dun artesán. No ano 1926 comeza os estudos na Facultade de Ciencias en Santiago de Compostela e alí permanece catro anos para solicitar un Certificado de Estudos para Madrid. Vid: AHUS, Expedientes personales Cid Galante, Rosa María, “As primeiras ourensás ante o reto da educación universitaria (1900-1940)”, e Minius, nº 11 e nº 12.

MARTINA GALLEGO IGLESIAS

Naceu en Ourense no ano 1902 e no ano 1925 aparece rexistrada por libre na Facultade de Medicina realizando os cursos de matrona. Finaliza os estudos en 1927 titulándose nesta especializade. Vid: AHUS, Expedientes personales Cid Galante, Rosa María, “As primeiras ourensás ante o reto da educación universitaria (1900-1940)”, e Minius, nº 11 e nº 12.

TAREIXA LOURENZA

Outra interesante mostra de concienciación feminina. No ano 1457 preséntase esta muller e o seu home perante o Reitor da igrexa de Santo Tomé de Maside coa intención de expresar o desexo mutuo de anulación matrimonial. Argumentan que o seu matrimonio foi realizado sendo menores de idade. Así o relatan: "...que podía aver oyto annos pouco mays ou menos que elles anbos ouveran palabras de casamento non sendo elles de ydade conprida e que foran feitas contra vontade da dita Tareyja Lourença e contra o seu defendemento non querendo ella consentyr en ello salvo por premea e engano de outras persoas e que foran anbos juntados en pousada e deytados en cama e nunca poderan aver juntamento de copulla carnall nen aver consebudo para fezeren jeneraçon querendo llella deus dar por llas quaes razoes avian moyta descordia e mall e se temya de ao adeante se seguir mais dano e ynpedimento asi das almas como dos corpos e d avenças e outros viyren a ocasion de mortes e de peligros por causa delles" O vicario, vistos os argumentos, concédelles a liberdade. Vid: Pallares Méndez, Mª C. e Portela Silva, E., "De Xelmírez aos irmandiños. A Galicia feudal (séculos XII-XV)", Gran Historia de Galicia, Tomo V, Volume 2, pp. 136-137.

ELVIRA RODRÍGUEZ

Outra referencia interesante é esta entrada que se ofrece. Elvira Rodríguez, muller do século XV, atrévese a enfrontarse ao seu marido maltratador. Resaltámolo porque estamos nunha época na que este tipo de sucesos resultaban incribles debido á condición que se tiña da muller de submisión ao marido. O caso foi que o tres de abril de 1465, na cidade de Ourense e diante do notario de entón, García Fernández e as testemuñas pertinentes, Xoan Afonso de Tenorio, comerciante e veciño da devandita cidade vese obrigado a facer unha confesión pública dos malos tratos que proporciona á súa dona chegando a apuñalala. Elvira reacciona de forma concienciada e abandona o seu fogar para refuxiarse na casa do xuíz da cidade. Ela pretende unha solución xusta e de acordo co dereito. O marido arrepíntese do mal que fixo e declara o propósito de tratar ben á súa muller e roga á súa muller que regrese a casa. O marido tamén se compromete a aportar unha multa se non cumpre o prometido. Para iso empeña os seus bens, mobles e raíces co obxecto de pagar a multa de 20.000 marabedís. A metade da multa tería que entregárselle ao bispo electo de Ourense, señor da cidade, e a outra metade ao xuíz e rexedor pedro López. Vid: Pallares Méndez, Mª C., e Portela Silva, E., "De Xelmírez aos irmandiños. A Galicia feudal (séculos XII -XV)" A gran Historia de Galicia", Tomo V, volume 2, pp. 132-134.

TERESA GÓMEZ

Teresa Gómez era filla de Gómez de Tyollo. O 29 de abril de 1458 esta muller presentou unha querela na Praza do Campo e perante a audiencia de xustiza acusando a Xoan, criado de Xoan de Novoa, porque a agredira con intento de violación. O que ocorreu foi que na véspera, ao mediodía, estando no Seixo, o mencionado Juan "aderençara a ella et que a tomara por los cabellos e a levara arrastro por dormyr con ela". O criado non conseguiu o seu propósito pois por alí pasaron o cóengo Roi García e o seu propio criado Gonzalo García, os que evitaron a consumación da violación tal como contou aos rexedores Tareixa Gómez. O século XV foi unha etapa de incerteza e inestabilidade e as mulleres resultaron ser vítimas de A denuncia de Teresa Gómez pon de manifesto a toma de conciencia por parte da muller e o desexo de que este tipo de agresións sexan totalmente rexeitados pola sociedade. Vid: Ferro Couselo, Xesús, A vida e a fala dos devanceiros. Pallares Méndez, Mª Carmen e Portela Silva, Ermelindo, "De Xelmírez aos irmandiños. A Galicia feudal (séculos XII-XV)" en A gran Historia de Galicia, Tomo V, volume 2, pp. 128-131.

12 octubre 2010

SARA CÓLEMAN


Naceu en Allariz en 1980  filla do mítico xogador de fútbol Marcelino. Xove deseñadora ourensá que foi alumna de Verino. Ten presentado os seus modelos nas edicións EL EGO de Cibeles. Tamén se dedica á docencia no eido téxtil.

AUREA RIVELA


Naceu no ano 1975 en Ourense. Dedícase ao deseño da alta bisutería con estilo art nouveau. Emprega nos seus deseños materiais de diverso tipo: latón, madeira, cuarzo, ágatas, etc. Tivo gran éxito na Pasarela EL EGO de Cibeles. Na actualidade as súas tendas repártense por diferentes países.

08 octubre 2010

LORENA LUACES


Atleta nacida en Ourense. Comezou moi nova practicando cros, carreiras, salto de vallas...Agora é unha das máis destacadas marchadoras. Participou en importantes competicións tanto en Galicia, España como no estranxeiro, obtendo records.

MARTA MÍGUEZ


Marta Míguez, atleta ourensá explusmarquista nacional, varias veces campeona de España Absoluta, segunda mellor marca nacional de todos os tempos (59,43) e olímpica nos Xogos de Sidney 2000. Agora volveu como integrante do Ourense Academia Postal.
Fonte: http://www.ourenseatletismo.com/blog/2009/07/marta-miguez-de-nuevo-en-competicion/

02 octubre 2010

TERESA TÁBOAS

Hai un blog interesante denominado mulleres de Vigo. De aí extraín esta información sobre Teresa Táboas. O motivo non é outro que o de considerar a Teresa Táboas tamén ourensá, e supoño que ela tamén o verá así, xa que os seus pais eran de O Carballiño e Beariz. Por tal motivo, e como o as persoas podemos ter vínculos moi próximos con moitos lugares pois a nosa vida así nos fai pertencer a diferentes sitios e cidades, pensei que a ela lle gustaría verse reflectida nun blog de mulleres ourensás. Teresa Táboas, filla de emigrantes ourensáns, naceu na Cidade de México no ano 1961. Desde o 15 de Maio de 2003, a conselleira de Vivenda e filla de emigrantes ourensáns do Carballiño e Beariz, é decana presidenta do Colexio Oficial de Arquitectos de Galiza, sendo a primeira muller en acceder a ese cargo.Doutora Arquitecta coa Tese Doutoural dirixida polo arquitecto César Portela Fernández Jardón, titulada “ El Color en Arquitectura “ na que obtivo a cualificación de Sobresaínte ”Cum Laude”Colaborou durante 6 anos no Estudio do Arquitecto Cesar Portela Fernàndez-Jardòn ( Premio Nacional de Arquitectura).Traballou dous anos no Concello de Marín como arquitecto municipal.Funda no ano 1990 o Teresa Táboas Estudio de Arquitectura, desde o que vén desenvolvendo numerosos proxectos de Edificación e Urbanismo.É conselleira titular do Consello Superior dos Colexios de Arquitectos do Estado español, sendo a segunda muller que accede a este cargo desde que no ano 1931 se funda tan prestixiosa institución.É membro da Comisión de Vivenda do Consello Superior de Arquitectos do Estado español.Foi nomeada polo Consello Superior de Arquitectos do Estado español no ano 2.003, ante o Consello de Arquitectos de Europa con sede en Bruselas, membro das seguintes comisions: Taskforce for Urban Issues e Taskforce for Enviorment and Sustenaible Architecture. Vid: http://mujeresdevigo.blogspot.com/2009/01/teresa-tboas.html

RAQUEL DANS LOSADA

Natural de Vilamartín de Valdeorras. Nos anos trinta era cortexada polo piloto Apolina Sainz de Buruaga y Polanco, quen dende o aeródromo de León viña voando na súa avioneta e tiraba un ramo de flores na finca da súa noiva con carta incluída. Casaron en 1933 e en 1935 tiveron un fillo tamén dunha vida exitosa. Vid; www.mispueblos.es/galicia/orense/vilamartin/noticias.

CARMEN PADILLA GARCÍA

Naceu en Ourense capital no ano 1904. Era filla do Catedrático e eminente filólogo Don Salvador. Realiza o bacharelato no Instituto Provincial dende 1918 sendo premiada en todos os cursos e titúlase. Logo trasládase á Escola Normal de Mestras de Ourense. En 1926 figura en Santiago na facultade de Ciencias pero so realiza un curso. Vid: AIOP, Expedientes académicos; AHUS, Expedientes personales. Cid Galante, Rosa María, "As primeiras ourensás..." Op. Cit.
Fotografía: Vida Gallega, nº 17, 1916.

ANTONIA AVILÉS DE VEGA

Naceu en 1910 en Berrande. Estuda no Instituto Provincial de Ourense dende 1918 a 1923. Posteriormente trasládase a Santiago de Compostela para matricularse na Facultade de Ciencias en 1924. Aquí realiza un único curso pois pide traslado á Universidade de Murcial. Vid: AIOP, Expedientes académicos; AHUS, Expedientes personales. Cid Galante, Rosa María, "As primeiras ourensás ante o reto da educación universitaria", Op.cit.

18 septiembre 2010

MARISA MARIMÓN


Chegou a Ourense, dende Barcelona, en 1963 e en 1994 dedicouse á súa paixón que foi a de abrir unha Galería de Arte en Ourense. Dita galería é un referente para os artistas e pódese considerar impulsora dos novos artistas. Ten participado na gran feira de arte de Madrid, ARCO, con propostas interesantes, entre elas as de Ignacio Basallo. Unha das súas fillas, Nuria Pereira, incorporouse á empresa da nai en 1998. Ambas as dúas parecen facer un bo tanden.

CECILIA PEREIRA MARIMÓN


É unha das fillas de Marisa Marimón e, como non podía ser doutro xeito, continúa os pasos da súa nai polo mundo da arte. Na actualidade é a Directora do Pavillón de España na Expo de Shanghai (2010) e con anterioridade ocupou postos relevantes no mundo da cultura.

16 septiembre 2010

MARÍA VICTORIA CARBALLO-CALERO


Naceu no Ferrol en 1942, anque é ourensá de adopción. Historiadora e catedrática de Historia do Arte na Universidade de Vigo é licenciada en Filosofía y Letras e doutorada en Arte. Foi decana da Facultade de Humanidades de Vigo e directora da Escola de Artes Aplicadas e Oficios Artísticos Ramón Falcón de Lugo. Actualmente exerce a docencia no Campus de Ourense, É membro da Real Academia de Belas Artes de A Coruña, da de San Fernando (Madrid) e da de Santa Isabel de Hungría (Sevilla). Publicou numerosos libros e artigos en revistas especializadas.

MARÍA GÓMEZ DEL VALLE

Coñecida coma María de Beiro. Naceu en Beiro no ano 1887. Casada de moi xoven, o matrimonio emigrou a Cuba, onde o marido acadou éxito coma empresario do ramo da alimentación. Nai de oito fillos, Manuel, poeta e xornalista fusilado en Ourense o 11 de Agosto do 1936 acusado de rebelión e tráfico de armas, Ernesto, mestre e tamén xornalista represaliado, Mercedes, que casou no 1939 con Celso Madriñán Neira, Maruja, de ideoloxía falanxista, Esther, Blanca, tamén casada no 1939 co pintor Manuel Prego de Oliver, Ricardo, asasinado en Valencia por un membro da Falanxe a piques de rematar a guerra, e Luis, falecido en accidente anos antes. De volta a España a familia aparece empadroada na segunda planta do antigo nº 15, hoxe 11, da rúa da Paz; anos máis tarde, xa na guerra, na rúa da Amargura, no campo das Mercés e fronte o antigo Hospital, dende onde ouvían as detonacións dos fusilamentos no campo de Aragón. Afillada ó Partido Comunista, e polo feito de selo, foi detida o día 21 de Xullo de 1936 nas rúas de Ourense, día no que tamén deteñen ós seus fillos Manuel e Ricardo. María del Valle Lozano, de 49 años, foi internada no cárcere de Celanova durante 16 meses, dándolle o “paseo” de Bande a Xinzo da Limia, destorzo cerebral por fusilamento, di o Rexistro, o 29 de Outubro de 1937 en Lomba de Lamas, e a familia tres días na procura do seu corpo que apareceu enterrado en O Mosteiro, dous lugares preto de Xinzo da Limia. Foi asasinada xunto a unha moza de 19 años, Salud Torres. Anque segundo Sánchez Mazas, recollendo a testemuña dunha veciña de Celanova que o vira cos seus propios ollos, botáronlle gasolina e queimárona viva, alí mesmo, na praza fronte do convento, versión moi dubidosa.

JOSEFA TABOADA ALLÚ

Naceu en Ourense e era filla dun xastre. Realiza os estudos de bacharelato no Instituto Provincial e con dezaoito anos aparece inscrita en Farmacia onde se licencia en 1931. Vid: AIOP Expedientes Académicos; AHUS, Expedientes personales. Cid Galante, Rosa María, "As primeiras ourensás ante o reto da educación universitaria", Revista Minius, nº 11 e 12.

INÉS LUDEÑA


Naceu en Xixón en 1835 e morreu en Ourense o 30 de setembro de 1894. Chegou a Ourense co seu marido Manuel Malingre Parmantier nos anos 60 do século XIX e que foi quen montou a primeira fundición que houbo en Ourense. A fundición tivo varios emprazamentos antes de chegar ao Couto, onde estaba situada cando se pechou a finais dos anos 70 do século XX. Este matrimonio tivo cinco fillos: Casimiro, que casou cunha sobriña do Cardenal Quiroga (non tivo fillos), Mª Teresa ( solteira), Carmen (Casada con José Freijanes e nai de Xullo Freijanes Malingre, pediatra ourensán en Ourense casado con Paz Parada que a tes no blog), Antonio Malingre ( que casou dúas veces, a primeira vez sen fillos e a segunda xa vello, tivo dous fillos dos que descenden uns mozos que teñen unha xestoría na avenida de Portugal) e por último Manuel, que herdou a fundición xunto co seu irmán Antonio. Manuel casou con Augusta Lamas- Carvajal Sánchez filla de Valentín Lamas Carvajal que naceu en Ourense e morreu o tres de maio de 1951. Foi nai de 8 fillos , o máis pequeno Arturo, que co seu irmán Manuel, herdou a fundición do seu pai, aínda que por problemas familiares foise a vivir a Vigo nos anos 40 do século XX, quedando o seu irmán á fronte da fundición, aínda que non fose o único propietario da mesma, xa que Arturo comproulle ao seu tío Antonio o seu parte. Nota: Esta información procede de Ana Malingre que é tataraneta de Inés Ludeña e que está realizando unha investigación sobre a familia que proximamente sairá publicada. Eu agradézolle moito a súa colaboración neste blog para aportar información fideligna sobre Inés Ludeña e a familia Malingre. A foto tamén ma proporcionou Ana Malingre.

14 septiembre 2010

TRINIDAD PÉREZ Y PÉREZ

Naceu en Ourense en 1907 e era filla dun funcionario militar. Sabemos dela que se matricula na Facultade de Farmacia en 1923 e que se licencia posteriormente. Non temos constancia de que realizara os estudos de bacharelato no Instituto Provincial. Vid: AHUS, Expedientes personales. Cid Galante, Rosa María, "As primeiras ourensás ante o reto da educación universitaria", Revista Minius, nº 11 e 12.

04 septiembre 2010

MERCEDES CANEDA DE ASTRAY

Mestra de Ourense con enderezo no nº 21, hoxe 17, da rúa da Paz de Ourense, no que ten ubicado un colexio moi coñecido dende os anos vinte ata entrados os sesenta do século pasado, o colexio “de la Profe”, alcume polo que era coñecida na sociedade ourensá, A súa lembranza tan só se pode seguir a partires do libro do ourensano, José Eduardo Valenzuela Ulloa, “Ai Ourense, Ourense”, e dalgún artigo de Xosé Luis Méndez Ferrín no “Faro de Vigo” de hai algúns anos ámbolos dous alumnos do citado colexio, xuntamente con fillos de coñecidas familias ourensás de entón, Temes, Encinas, Serantes, García Boente, Madriñán, Peña e mesmo os de Faustino Santalices, o gaiteiro de Bande. Un novidoso plano de ensino, pra algúns revolucionario, plano de estudios, anárquico pero moi eficaz sistema de leccións, aulas e profesores. Dona Mercedes, unha muller moi grosa, recibía e despedía cun bico na fronte ou na meixela a cada alumno: “una exhuberante camilla en generosa estancia, casi sin aulas, y alrededor maestras y alumnos sin asignación de pupitre y mesa, sin delantal ni uniforme y a todos por su nombre de pila, iniciándose la faena colegial en forma de tertulia, coloquio o charla distendida en la que se iban incardinando, con naturalidad, los más variados aspectos de la lección del día, narración de historias, dictado de deliciosos cuentos, ambiente más casero que docente”. Méndez Ferrín, que a chama, trabucado, Mercedes de Gracia, conta que no había máis tratamento que o “tuteo” e nunca se recibían castigos corporais, e que o seu método estaría inspirado no proxecto pedagóxico krausista, adoptado pola ILE, a Institución de Libre Enseñanza. Durante a guerra foi obxecto de calumnias, polo seu talante liberal, que case a levan á ruína por quedar sen alumnos. Casou cun funcionario de facenda da familia dos Astray, co que tivo un fillo, Pepín, tamén funcionario de facenda en Madrid anos despois. Morreu esquecida e cega.

05 agosto 2010

ROSAURA ABELLA


Rosaura Abella, mestra nacional do pobo de Prada (Valdeorras). Exerceu a docencia dende 1962 a 1968. Na páxina web http://www.pradaweb.es/ pódese ler un texto que son testimonios a cerca desta mestra e das súas vivencias na escola de Prada. Aconsello que a lean. Tamén se sacou desta páxina a fotografía que aquí se amosa.

MESTRAS OURENSAS QUE SUFRIRON A DEPURACIÓN

Felisa Rodríguez Rodríguez, Soledad Rodríguez López, Ascensión Seijo Pérez, Clotilde Tesouro Borrajo (de Ceboliño), Imelda Valdivieso Rebolledo. Estas mestras xunto coas que xa citamos individualmente están entre os docentes que sufriron a Depuración do Maxisterio. Pensamos que neste blog era interesante facer memoria delas e non dubidamos que exerceron un labor marabilloso nas súas escolas.

BEATRIZ PÉREZ FREIRE

Mestra Nacional natural de Vilamarín, Ourense. Segundo a normativa depuradora, as Comisións debían pedir polo menos catro informes diferentes: ao Alcalde, Cura Párroco, Xefe da Garda Civil e a un pai de familia ben considerado, que vivisen onde estivese situada a escola e individuo obxecto de investigación. Estes informes foron a base fundamental sobre a que asentou as súas bases a depuración.Pero os membros das comisións tamén podían solicitar informes a outras instancias:comandancias da policía, servizos de información militar, servizos técnicos e administrativos das inspeccións educativas, particulares.Foi frecuente o emprego da delacion para redactar cargos dirixidos contra os docentes. Vid: http://pares.mcu.es/victimasGCFPortal/detalle.form?idpersona=41970 http://es.wikipedia.org/wiki/Depuraci%C3%B3n_del_Magisterio_espa%C3%B1ol_tras_la_Guerra_Civil_Espa%C3%B1ola

PILAR MERINO GONZÁLEZ

Mestra Nacional de Ourense que sufriu a Depuración de mestres Nacionais durante a ditadura. Lamentablemente supuxo a perda de interesantes docentes que tiñan como obxectivo innovar nas súas prácticas educativas e concebir a ensinanza dende un punto de vista máis pedagóxico que instrutor ou disciplinario. Vid: http://pares.mcu.es/victimasGCFPortal/detalle.form?idpersona=36190

RAFAELA LÓPEZ ÁLVAREZ

Mestra Nacional ourensá represaliada na Ditadura e que sufriu a Depuración de Mestres Nacionais levada a cabo a partir de 1936. A depuración tiña o obxectivo de eliminar calquera resto de laicismo, innovación pedagóxica, coeducación, etc. A partir de entón non se podería exercer como docente se non pasaba as probas de control moral e conduta correcta que a Ditadura esixía. Vid: http://pares.mcu.es/victimasGCFPortal/detalle.form?idpersona=33831

MARÍA B. IGLESIAS LAMAS

Mestra nacional nacida en Ourense que foi represaliada e sufridora na Depuración a Mestres Nacionais. O Decreto do 8 de novembro que alude á Depuración de Mestres nacionais require especial atención, xa que a partir do mesmo, o proceso de depuración toma corpo legal, e sentan as bases e os principios da depuración. A través deste decreto xustifícase que o maxisterio durante a República estivo en mans inapropiadas, polo cal era necesaria unha revisión da instrución pública, para poder extirpar as falsas doutrinas arraigadas durante este período. As bibliotecas públicas e privadas tamén sufriron o proceso de depuración, para o cal se constituíron comisións depuradoras específicas. Especialmente intensa foi a depuración que se produciu cos libros de texto escolares: periodicamente os distintos boletíns provinciais facían pública a relación de libros de texto autorizados polas autoridades educativas franquistas. A depuración afectou a todos os mestres, desde o ensino público á privada, incluíndo tamén á relixiosa, desde a primaria até a universidade, e tamén afectou as Escolas Normais. Vid: http://pares.mcu.es/victimasGCFPortal/detalle.form?idpersona=33063 http://es.wikipedia.org/wiki/Depuraci%C3%B3n_del_Magisterio_espa%C3%B1ol_tras_la_Guerra_Civil_Espa%C3%B1ola

MARÍA AMPARO GARCÍA LÓPEZ

Mestra nacional de Ourense represaliada que figura nos Expedientes da Depuración de Mestres Nacionais.A depuración estableceuse no decreto do 8 de novembro de 1936. Anteriormente á publicación do decreto, a purga foi levada a cabo polas autoridades académicas de cada distrito universitario, seguindo as directrices da autoridade militar e civil de cada provincia, quen redactaban as primeiras listas de mestres sancionados, para despois facelas públicas en cada un dos B.O.P. Podemos definir esta primeira depuración como unha purga militar, non soamente por ser decidida polos estamentos militares provinciais, senón porque estaba suxeita á lexislación castrense de urxencia. Posteriormente, cando se constitúe o Ministerio de Educación Nacional, a depuración entra nunha segunda fase; a partir deste momento a depuración regúlase por un corpo de leis e normas establecidas como desenvolvemento do Decreto 108, e o control da depuración pasa das mans militares a converterse nunha competencia do Ministerio de Educación, que paulatinamente vai establecendo unha serie de organismos estatais, creados especificamente para xestionar o enorme volume de traballo administrativo que a depuración estaba a crear. Entre os organismos estatais máis importantes estaban as distintas Comisións Depuradoras Provinciais, formadas por funcionarios xa depurados do Ministerio franquista. Vid: http://pares.mcu.es/victimasGCFPortal/detalle.form?idpersona=69215 http://es.wikipedia.org/wiki/Depuraci%C3%B3n_del_Magisterio_espa%C3%B1ol_tras_la_Guerra_Civil_Espa%C3%B1ola.

17 junio 2010

MARÍA DEL CARMEN FREIRE IGLESIAS

Mestra Nacional que en 1936 foi retirada pola depuración dos Mestres Nacionais. A esta e outras mestras mencionadas no blog debémolas ter na nosa memoria. Vid: http://www.mcu.es/novedades/2010/novedades_Pares_Victimas.html

ANTONIA FERNÁNDEZ QUINTELA

Mestra nacional que foi retirada do corpo en 1936 pola denominada Depuración de Mestres nacionais. Vid: http://www.mcu.es/novedades/2010/novedades_Pares_Victimas.html

05 junio 2010

CARLOTA VÁZQUEZ SARMIENTO

Dona Carlota foi a que propiciou a chegada dos Salesianos a Ourense. Realmente ela foi a que cedeu, en 1910, os terreos para que a Congregación se asentase na cidade. Nesta extensa finca ao pé do río Miño estaba situado o pazo que pertencía a Dona Carlota xunto cun gran terreo. Hai que dicir ou destacar que, de novo, foi unha muller ourensá a que propiciou a creación dun novo centro educativo, lembremos a Angelita Varela que foi a mecenas do Centro Santo Angel.

01 junio 2010

ROSARIO DUEÑAS

A ourensá Rosario Dueñas ía para nadadora olímpica cun brilante palmarés. Días antes de acudir a unha competición a Barcelona sufríu nun accidente doméstico queimaduras de terceiro grao que fixeron retirarse, de forma prematura, da vida deportiva. A piscina do Pavillón Municipal leva o nome de Rosario Dueñas na súa honra. Leva máis dunha década de traballo na loita contra a pobreza e a miseria. En 1991visitou por pracer Kenia e viviu moi de preto as desgrazas do Terceiro Mundo , a partir de entón, a súa vida deu un xiro radical. As comodidades das que gozaba deron paso ao comezo dun periplo solidario que a levou por Africa, Filipinase Calcula, traballando con Teresa de Calcuta. Hoxe segueao pé do canón axudando aoscolectivos desfavorecidos.
Vid: http://www.voluntariadogalego.org/upload/des/75-d-la_region180107.pdf Castro, X.R., "El deporte", Ourense en el siglo XX, La Voz de Galicia, p. 196.

EMILIA ÁLVAREZ Y ÁLVAREZ

Naceu en Trado, Celanova, en 1910 e era filla dun médico. Cando tiña 17 anos, en 1927, matriculouse por oficial na Facultade de Farmacia en Santiago onde realizou os cinco cursos licenciándose con brillantes resultados en 1933. Vid: Cid Galante, Rosa María, Muller e educación en Ourense (1900-1930), Tese inédita. Cid Galante, Rosa María.As primeiras ourensás ante o reto da educación universitaria (1900-1940) (II) Minius: Revista do Departamento de Historia, Arte e Xeografía, ISSN 1131-5989, Nº 12, 2004 , pags. 73-102. As primeiras ourensás ante o reto de educación universitaria (1900-1930) (I) Minius: Revista do Departamento de Historia, Arte e Xeografía, ISSN 1131-5989, Nº 11, 2003, pags. 139-156

MARÍA DOCAMPO POUSA

Naceu en Ourense e era Mestra Nacional pero foi represaliada no Franquismo no proceso de Depuración de Mestres Nacionais. Lembremos a estas mulleres que polos seus ideais non puideron continuar exercendo o seu labor. Vid: Ministerio de Cultura. Archivo: Archivo General de la Administración Fondo: Ministerio de Educación Nacional Serie: Expedientes de depuración de maestros nacionales

MILAGROS ÁLVAREZ RAMÓN

Mestra ourensá represaliada do Franquismo. Vid: Ministerio de Cultura Archivo: Archivo General de la Administración Fondo: Ministerio de Educación Nacional Serie: Expedientes de depuración de maestros nacionales

MARÍA DEL PILAR RODRÍGUEZ CAMINERO

Naceu en 1914 en Ourense e era filla dun comerciante. Aos 18 anos, no ano 1932, matriculouse por oficial na Facultade de Filosofía. Realizou catro cursos e en 1936 solicita un certificado de traslado á Facultade de Valladolid. Vid: Cid Galante, Rosa María, Muller e educación en Ourense (1900-1930), tese inédita. Cid Galante, Rosa María, As primeiras ourensás ante o reto da educación universitaria (1900-1940) (II) Minius: Revista do Departamento de Historia, Arte e Xeografía, ISSN 1131-5989, Nº 12, 2004, pags. 73-102. As primeiras ourensás ante o reto de educación universitaria (1900-1930) (I) Minius: Revista do Departamento de Historia, Arte e Xeografía, ISSN 1131-5989, Nº 11, 2003, pags. 139-156

31 mayo 2010

ELVIRA ACEVEDO RODRÍGUEZ

Naceu en Ourense e era mestra de profesión. Durante a Ditadura foi represaliada no que se denominou Depuración de Mestres Nacionais, fórmula empregada nesta etapa para desfacerse daqueles docentes que resultaban para o réxime subversivos. O Ministerio de Cultura saca a luz o nome das persoas que foron represaliadas durante a Ditadura e na lista figuran numerosos ourensás, homes e mulleres, que padeceron o novo réxime. Considero oportuno facer mención neste blog das nosas ourensás pois deben pervivir na nosa memoria. Vid: Ministerio de Cultura.
Archivo Archivo General de la Administración Fondo Ministerio de Educación Nacional Serie Expedientes de depuración de maestros nacionales

MATILDE DOCAMPO CASTRILLEJO

Naceu en San Ciprián, Ourense, o 19 de xullo de 1904 e era filla dun capitán. Foi unha das primeiras ourensás que se incorporaron aos estudos superiores a comezos de século XX, concretamente no ano 1923, cando tiña 19, estaba matriculada por oficial na Facultade de Farmacia. Realizou todos os cursos e licenciouse no ano 1928. Denovo as nosas mulleres ourensás demostran a súa valentía facendo estudos universitarios nunha época na que non se vía con bos ollos que as mulleres tomasen esa iniciativa. Vid: Cid Galante, Rosa María, Muller e educación en Ourense (1900-1930) Tese inédita. Cid Galante, Rosa María., As primeiras ourensás ante o reto de educación universitaria (1900-1930) (I) Minius: Revista do Departamento de Historia, Arte e Xeografía, ISSN 1131-5989, Nº 11, 2003 pags. 139-156. Cid Galante, Rosa María. As primeiras ourensás ante o reto da educación universitaria (1900-1940) (II) Minius: Revista do Departamento de Historia, Arte e Xeografía, ISSN 1131-5989, Nº 12, 2004, pags. 73-102.

11 mayo 2010

SARA FERNÁNDEZ GÓMEZ

Coñécense ben as dificultades que tivo a implantación da Escola Normal de Mestras de Ourense, por tal motivo a responsable deste blog lle adicou un dos seus artigos titulado "A orixe da Escola Normal de mestras de Ourense" publicado na revista Minius da Universidade de Vigo. Por iso quere destacar aquí á que foi secretaria da Institución en 1914, que foi o ano no que se a Escola Normal se formalizou, despois de estar integrada no Instituto Provincial e ser suprimida. Pois ben, Sara Fernández Gómez, secretaria do Centro, escribía da necesidade de ter unha Escola Normal para mulleres en Ourense e agradecía á Deputación Provincial da época o apoio económico que outorgou para que esta fose unha realidade. Dicía Sara Fernández: “El pueblo orensano, amante de todo lo que signifique progreso y deseoso de tener un Centro donde sus mujeres pudiesen adquirir un nivel de conocimientos más elevado del que la Escuela primaria puede dar, trabajó con entusiasmo porque su antigua Escuela Normal, suprimida en el año 1889, fuese restablecida en la forma que el citado Real decreto determina y en armonía con las modernas orientaciones científicas y pedagógicas. La Excma. Diputación provincial, haciéndose eco de los deseos unánimes de la provincia que representa, y conociendo los inmensos beneficios que el establecimiento de tal Centro puede reportar, hizo un esfuerzo supremo, aumentando las múltiples atenciones a que su presupueste ha de proveer en sesión de 16 de octubre de 1914 acordó la implantación de la Escuela, comprometiéndose a ingresar en el Tesoro las cantidades necesarias para su sostenimiento. Hemos de consignar, a la vez que aplaudir, el acuerdo del Excmo. Ayuntamiento de esta capital, en virtud del cual brindo su concurso para el mismo objeto satisfaciendo una parte del alquiler del local que al efecto se designara...” Segue a enxalzar as excelencias de dita entidade para a difusión da cultura entre as mulleres da provincia que poderían acudir á capital en busca de ensinanzas que : “a la vez que fortifican su corazón y enriquecen su inteligencia, les proporciona un medio fácil de poseer un título con el que pueden hacer frente a las necesidades múltiples de la vida moderna asegurando su porvenir y su existencia en gran modo independientes” Vid: ESCUELA NORMAL DE MAESTRAS DE ORENSE, Memoria correspondiente al curso 1914-1915, Orense, Imprenta de A.Otero, 1915, pp.3-4. ESCUELA NORMAL DE MAESTRAS DE ORENSE, Memoria correspondiente al curso 1914-1915... Op.cit., pp. 4-5. Cid Galante, Rosa María, "As orixes da Escola Normal de mestras de Ourense", Minius, nº 15, 2007, pp. 33-47

09 mayo 2010

RAMONA PÉREZ ACEVEDO

Dirixía unha Academia privada de ensinanza primaria a mediados do século XIX. Estaba situada no nº 6 da Praza Maior con clases de economía, debuxo, doméstica e francés. Vid: Somoza Medina, José, "Desarrollo urbano en Orense 1875-200", en Biblioteca Cervantes Virtual (http://descargas.cervantesvirtual.com/servlet/SirveObras/01937074651258255210035/006840_3.pdf

MARÍA PAZ LEONATO

Sería unha das primeiras mulleres ourensás que accedería por vía oficial ao Instituto Provincial no ano 1905-1906. Era filla dun médico. Fixo o ingreso con once anos e completou os estudos obtendo unha cualificación media de notable e o grao de Bacharel. Vid: AIOP, Expedientes académicos, cartapacios ordenados alfabeticamente, caixa 244. Cid Galante, Rosa María, Muller e educación en Ourense (1900-1930), tese de doutoramento inédita. Benso Calvo, Carmen e Cid Galante, Rosa María, "A participación das mulleres ourensás no ensino secundario" en Sarmiento, nº 10, 2006, pp. 147-185. Benso Calvo, Carmen e Cid Galante, Rosa María, " Los expedientes de las estudiantes de bachillerato: Una fuente básica para el estudio del alumnado femenino de los Institutos. Ourense como ejemplo" en Historia de la Educación, Revista Interuniversitaria, 2007, pp. 437-470.

02 mayo 2010

MARÍA LUÍSA MALDONADO E ALVARADO

Filla de Dona Jacinta Alvarado e Fernando Maldonado. Terceira marquesa de Trives, casada con Don Evaristo Correa Calderón, escritor e periodista falecido en 1986. Dona María Luísa (tamén en Trives se fala de Dona Amalia Maldonado e Alvarado) din no pobo que é descendente da Infanta Catalina Micaela, filla de Felipe II. O marquesado foille concedido á familia polos servizos prestados á Coroa en 1875. Vid: O Xornal, 2 de maio, 2010.

JACINTA ALVARADO-BARROETA ALDAMAR

Segunda marquesa de Trives (marquesado fóralle concedido ao seu pai e nai por RD de 1875. Ver Revista Hidalguía número 66. Año 1964 ), casou con Fernando Maldonado y González de la Riva, sexto marqués de Castellanos e segundo vizconde da Hormaza. Do seu matrimonio naceu María Luisa Maldonado y Alvarado, terceira marquesa de Trives, e sétima de Castellanos. O seu protagonismo céntrase en diversos cargos simbólicos, pero que dan proba do seu apoio a cultura comarcal. Outorgáselle a presidencia de honra do Orfeón Courtier, ademais impulsa o papel da muller en Trives, creando unha asociación de veciñas que se reunían no edificio das monxas Josefinas. Ademais foille cedida a presidencia da cofradía do Cristo, que anteriormente tivera o seu pai. Co seu matrimonio con Fernando Maldonado y González de la Riva, viuse acrecentada a riqueza do marquesado, ademais a familia adquire un novo marquesado e un vizcondado. Un dos poucos intentos que a marquesa desempeña dentro do eido político foi acadar o ferrocarril para o municipio, o igual que fixera o seu pai. Neste senso estivo axudada por Heliodoro Gallego Armesto, coñecedor desta temática. A marquesa morre en Madrid no ano 1921 sendo enterrada no panteón do marquesado da igrexa parroquial do municipio.
Vid: O sil (Mayo/08)

01 mayo 2010

ANGELITA SANTAMARINA (ANGELITA VARELA)



Angelita Varela, Marquesa de Atalaya y Bermeja, en realidade apelidábase Santamarina por ser filla do fidalgo Ramón Santamarina (desde a inclusa en Ourense a emigrado en América, onde logrou enorme fortuna), quen ao falecer a súa esposa envía aos tres fillos a Ourense para ser criados pola súa irmá Dolores, que estaba casada con D. Antonio Varela (de aí Angelita Varela). Pola súa propia experiencia orfa levantou no Couto un edificio nobilísimo para a educación de orfas, sendo o seu arquitecto Vázquez Gulías, quen contou co consello e a opinión de dous bos amigos e veciños do Couto como foron Jesús Soria e Marcelo Macías, pero sobre todo coa absoluta implicación e gusto persoal da propia Angelita. O obxectivo desta fundación era recoller ás nenas desde o cinco anos e permanecerían durante quince anos no Asilo onde se lles daría unha educación primaria e formación cristiá, e ademais ensinaríaselles a lavar, pasar o ferro, bordar, servir a mesa e cociñar. Esta capela do Santo Anxo, pequena catedral, conta con óbra cume de Asorey, que é o sepulcro onde foi sepultada Dona Dolores, cunhas vidreiras incribles, e un dos mellores museos privados de España. A Marquesa boa, como a chamou Basilio Álvarez, foi muller pioneira e impulsadora da cultura.

Foto: Vida Gallega, nº 278, xuño 1925.
Vid: http://www.elcercano.com/mod_seguros/visualizar.php?id=2840

ANGELITA PARADELA NÚÑEZ

Naceu en Ourense no ano 1901. Comezou aos 17 anos a dar clases de matemáticas na escola de Don Juan Xesta. Pioneira en ideas da Segunda República e a través da docencia pretendeu renovar a mentalidade dos xoves que acudían ás súas clases sen distinción de clases e sexos. Posteriormente deixou a Academia para adaptarse ao novo sistema de Educación Xeral Básica e creou un novo centro na rúa do Progreso.

28 abril 2010

PEPA FERNÁNDEZ VALLÉS

Pepa Fernández naceu en Lérida en 1965 pero citámola neste blog porque a súa familia paterna era de Ourense. Na actualidade é a directora do programa "No es un día cualquiera" de RNE e foi galardonada con moitos premios periodísticos. Tamén é profesora da Facultade de Comunicación da Universidade Ramon Llull. Ela lembra a súa infancia en Ourense e di da cidade: “Durante mucho tiempo, los topónimos Galicia y Ourense fueron sinónimos para mí. Con ellos aludía a ese territorio mágico de la infancia donde se hallaban mis raíces y donde pasaba lo mejor de mi tiempo. Galicia-Ourense era una meta, un regalo, un privilegio y una recompensa. Mis abuelos, Agustina y Francisco vivían en A Loña. Desde allí subíamos a Oira, donde el agua fría del río resultaba una bendición en el siempre cálido verano ourensano. Había tantas cosas en Ourense que me resultaban fascinantes: unas fuentes enigmáticas de las que brotaba agua hirviendo, un Cristo inquietante al que le crecía el pelo, un puente majestuoso que había sobrevivido al paso de los siglos, ese río imponente que cruzaba en silencio la ciudad... y la piedra. La piedra ourensana tiene un color, un tacto y una energía muy singulares. Las tonalidades de las calles, las plazas, los edificios o las fuentes se transforman con las distintas luces del día. Es la representación simbólica de lo que cambia sin alterarse, de lo que, a pesar de los años nos resulta siempre nuevo. Pero, curiosamente , mi fascinación por Ourense se mantiene intacta y continúo considerando un regalo caminar por sus calles, sentarme en el Parque de San Lázaro, visitar la Catedral, contemplar el Miño, el baño en sus aguas termales... Con los años, he descubierto que Galicia es mucho más que Ourense, pero para mí Ourense sigue siendo un mundo entero. " Vid: http://www.turismourense.com/index.php?sec=ellos_escribieron

27 abril 2010

CAMILA TRULOCK BERTORINI

Naceu en Santiago e era filla dun xerente de Ferrocarril que debeu estar destinado en Ourense pois consta que Camila estudou no Instituto Provincial da cidade. Realizou o exame de ingreso no ano 1905 cando tiña dez anos. Logo matriculouse en catro cursos pola opción libre conseguindo unha cualificación media de notable.
Dª Camila Manuela Trulock Bertorini casou con D. Camilo Crisanto Cela Fernández e desa unión nacería Camilo José Cela. (http://www.xenealoxia.org/linaxes/a-coruna/1031-trulock-bertorini-iria-flavia-padron; http://www.xenealoxia.org/linaxes/ourense/1029-cela-de-meizaran--fernandez-linea-vincular?format=pdf)
Vid: AIOP, Expedientes académicos, cartapacios ordenados alfabeticamente, caixa 300-308.
Cid Galante, Rosa María, Muller e educación en Ourense (1900-1930) Tese de doutoramento inédita.

DEOGRACIAS VEGA VEGAS

Era natural da Peroxa, filla de propietarios. Ingresa no Instituto Provincial no 1904 e matricúlase por libre. Realizou cinco cursos en convocatorias de xuño e setembro conseguindo unha nota media de notable pero tampouco finalizou os estudos.
Vid: AIOP, Expedientes académicos, cartapacios ordenados alfabeticamente, caixa 309/2-32.
Cid Galante, Rosa María, Muller e educación en Ourense (1900-1930), Tese de doutoramento inédita.
Benso Calvo, Carmen e Cid Galante, Rosa María, "A participación das mulleres ourensás no ensino secundario" en Sarmiento, nº 10, 2006, pp. 147-185. Benso Calvo, Carmen e Cid Galante, Rosa María, " Los expedientes de las estudiantes de bachillerato: Una fuente básica para el estudio del alumnado femenino de los Institutos. Ourense como ejemplo" en Historia de la Educación, Revista Interuniversitaria, 2007, pp. 437-470.

VICENTA LAMAS BARREIRO

Foi a primeira muller que se inscribiu a comezos de século de forma oficial no Instituto Provincial. No ano 1904 ingresou no centro aos dez anos. Naceu en 1893 en Ourense o seu pai era carpinteiro. Matriculouse simplemente nun curso e tan só en catro disciplinas: Lingua Castelá, Xeografía Xeral de Europa, Nocións de Aritmética e Xeometría e Caligrafía, e pese aos éxitos académicos conseguidos, non continuou os estudos.
Vid: AIOP, Expedientes académicos, cartapacios ordenados alfabeticamente, caixa 350/2.
Cid Galante, Rosa María., Muller e educación en Ourense (1900-1930) Tese de doutoramento inédita.
Benso Calvo, Carmen e Cid Galante, Rosa María, "A participación das mulleres ourensás no ensino secundario" en Sarmiento, nº 10, 2006, pp. 147-185. Benso Calvo, Carmen e Cid Galante, Rosa María, " Los expedientes de las estudiantes de bachillerato: Una fuente básica para el estudio del alumnado femenino de los Institutos. Ourense como ejemplo" en Historia de la Educación, Revista Interuniversitaria, 2007, pp. 437-470.

26 abril 2010

BEGOÑA MUÑOZ

(Barakaldo, Biscaia, 1961) Licenciada en Filoloxía Hispánica pola Universidade de Santiago de Compostela, foi profesora de Lingua Galega e Literatura, de Iniciación á Arte Dramática e de Diversificación Curricular no IES Otero Pedrayo.A súa formación nos diversos aspectos da dramaturxia inclúe seminarios e cursos con Zulema Moret, Coralina Colom, Víctor Fuenmayor, Gisèle Barret, Helena Pimenta, Fina Calleja, Julian Knab, Albert Boadella ou Arístides Vargas.Foi co-adaptadora de Xacobe ou a submisión, de Ionesco; Madame de Sade, de Mishima; As sillas, de Ionesco; Cama dous por dous para dous (Talem), de Sergi Belbel; A esmorga, a partir da novela homónima de E. Blanco Amor; O lapis de carpinteiro, segundo a novela de Manuel Rivas; e Sexismunda, adaptación de A vida é soño de Calderón de la Barca, todas elas representadas pola compañía Sarabela Teatro de Ourense. Tamén co-adaptou Leoncio e Helena, de Büchner —publicada pola Xunta de Galicia en 1993—, posta en escena polo Centro Dramático Galego. Fixo diversos traballos de adaptación teatral para as montaxes dos grupos de teatro do IES Otero Pedrayo, e adaptou Romance de Micomicón e Adhelala, de Eduardo Blanco Amor (adaptación publicada por Galaxia en 2000, e pola ASSITEJ en 2002).A súa peza Cabalos desbocados, adaptación da obra Gracias, abuela..., de Sebastián Junyent, foi publicada en Materiais didácticos para a prevención do consumo de drogas (Santiago de Compostela: Xunta de Galicia, 1995).Foi coautora, con Xosé Carlos Couceiro, Ánxeles Cuña e Fernando Dacosta, das obras Afección, Tics —publicada por Baía Edicións (A Coruña, 2000)— e Os soños de Caín —incluída no volume Talía na crónica de nós. Dez anos de teatro galego (1990-1999), de Cilha Lourenço Módia e Carlos Vizcaíno Fernández (Ourense: Abano Editores, 2000)—, todas elas representadas pola compañía Sarabela Teatro.Ademais, foi autora de diversas pezas breves, escritas para os grupos de teatro do IES Otero Pedrayo; entre outras: Sidamanía, A casa con ruídos e Xuventude, divino tesouro; tamén de Tres pontes, tres tempos, en que se baseou o espectáculo de animación teatral de Sarabela Teatro para a dinamización turística da Calzada Romana de Trives no verán de 1999, e Trivesía fantástica, escrita para o mesmo fin en 2000.Encargouse do estudo introdutorio para o tomo III da Obra completa de Xabier Prado «Lameiro» (Ourense: Concello, 1995). Foi coautora dos catro volumes de Claro e seguido. Un enfoque comunicativo na didáctica da lingua, con María Xesús Sarmiento Macías e Serafín Alonso Pintos (Vigo: Xerais, 2004).Impartiu diversos cursos na Aula Universitaria de Teatro de Ourense, e participou en varios congresos e encontros galegos e internacionais relacionados co teatro e coa pedagoxía.Foi finalista nos Premios Compostela de Teatro pola adaptación de Madame de Sade de Mishima (1990); Premio Compostela de Teatro pola adaptación de As sillas de Ionesco (1992); Premio ao mellor texto por Tics no Festival Internacional de Teatro para la Infancia y la Juventud (FETEN) de Xixón (1997); Premio María Casares á mellor adaptación por O lapis do carpinteiro (2001); e Premio á mellor dirección na Mostra de Teatro Escolar de Centros de Secundaria, pola obra Eliana en ardentía ou Bernardo destemplado, de Roberto Salgueiro, representada polo alumnado de Iniciación á Arte Dramática do IES Otero Pedrayo de Ourense (2004). Premio Maria Casares 2010 á mellor adaptación por A esmorga.
Morreu aos 48 anos o 17 de Abril de 2010.

21 abril 2010

CELSA FERRÍN MOREIRAS

Naceu en Ourense e era filla de mestres. Estuda o bacharelato no Instituto Provincial e logo pide traslado a un de Santiago. Posteriormente matricúlase na Facultade de Filosofía e Letras no ano 1925 onde se licencia cunha cualificación notable. Vid: Arquivo do Instituto Otero Pedrayo (AIOP), Expedientes Académicos; e AHUS Expedientes personales. Cid Galante, Rosa María, Muller e educación en Ourense (1900-1930), Tese de doutoramento inédita.

MARÍA FERRÍN MOREIRAS

Ourensá que se matriculará na Facultade de Filosofía e Letras en Santiago no ano 1929. Remata a carreira no ano 1933. Era irmá de Celsa Ferrín Moreiras e Antonia Ferrín Moreiras. Vid: AHUS, Expedientes personales. Cid Galante, R.M, Muller e educación en Ourense (1900-1930), Tese de doutoramento inédita.

20 abril 2010

NIEVES FERNÁNDEZ CRUZ

Naceu en 1892, era de O Barco de Valdeorras. Ingresa na Facultade de Medicina para realizar estudos de matrona no curso 1914-15 cando contaba con 22 anos. Estuda por libre e consegue un brillante expediente. Vid: AHUS., Expedientes personales, cartapacio nº. 384. Cid Galante, Rosa María, Muller e educación en Ourense (1900-1930), Tese de Doutoramento inédita.

19 abril 2010

RITA CORRAL ALLER

Naceu en Ourense en 1853, filla do médico e poeta Dimas Corral e neta do escritor Luis Corral Rodríguez. Ten un irmán, médico militar, chamado Dimas e dúas irmás Consuelo e Clara, esta última tamén escritora. Trasládase a vivir a Santiago coas súas irmás e casa con José García Castro e Calviño e teñen unha filla. A sua obra aparece publicada en diversas publicacións periódicas pero non hai un libro da súa obra. No 1906, aínda que xa falecera, é nomeada membro da Real Academia Galega como correspondente. Obra: Poesías en gallego y castellano 1847-1908 Vid: http://www.escritoras.com/

06 abril 2010

LORENA RODRÍGUEZ


Deseñadora de moda que naceu en Ourense no seo dunha familia de artistas, o seu pai director escénico e a súa nai deseñadora de moda. Descendente de varias xeracións dedicadas ao mundo escénico. Estudou patronaxe e deseño de moda na Coruña e impartiu clases nos talleres de Roberto Verino. Recibiu importantes premios e é asidua na Pasarela Cibeles.

05 abril 2010

JULIA AGUIAR


Julia Aguiar, naceu en Villar de Barrio, Ourense, é irmá franciscana da Congregación Divina Pastora, desde o día 12 de xuño de 1965 día que fixo a súa incorporación en Pontevedra e moi pronto marchou a Venezuela, onde viviu a súa primeira experiencia de misión ata 1971. Despois de estar uns anos en España dedicados fundamentalmente á formación relixiosa e aos estudos de enfermaría, saíu para Benin o 12 de outubro de 1976. A primeira comunidade e hospital no país, estivo en Dogbó, onde permaneceu Julia até 1983 en que se pechou este e trasladáronse as irmás a Zagnanado, comunidade da que forma parte nestes momentos. Alí, como directora do Centro Sanitario e Nutricional atende, xunto coas demais irmás e persoal sanitario a toda clase de enfermos que acoden con moitas carencias e necesidades. Pero sobre todo operando aos afectados pola Úlcera de Buruli, unha enfermidade da pel provocada por un vacilo da familia da lepra, para a que non hai apenas tratamento farmacolóxico e que afecta especialmente a nenos e adolescentes. Ela, cos seus estudos de enfermaría, converteuse en cirurxiá experta, como ela mesma di: “sobre a marcha, vinme obrigada a iso, para aliviar o sufrimento dos máis pobres e enfermos” Tan experta que médicos de varios países acoden a ela para “aprender” e estudar sobre esta enfermidade. Agora, unha universidade europea, a de Nápoles, recoñece o seu traballo e a súa “sabedoría” non adquirida nos libros e as aulas da universidade, senón na vida e o contacto fraterno e sanador con tantos enfermos e concédelle o Títuto de Doutora Honoris Causa. http://www.domund.org/OMP/actualidad/ArchivoNoticias/2009/09septiembre/28092009.htm

02 abril 2010

PINO DÍAZ


Ximnasta rítmica ourensá. Unha das mellores ximnastas españolas que comezou dende moi nova, aos oito anos de idade. Obtivo numerosos éxitos e retirouse cando tiña 16 anos de idade. Na actualidade ten publicado interesantes estudos sobre o deporte e a ximnasia rítmica. Entrenadora e Xuíza Nacional de Gimnasia Rítmica, Psicóloga e Profesora Titular da Universidade de Vigo.
Vid: Historia en cuatro tiempos. La Región. Foto: La Región.

01 abril 2010

PAQUITA ALCARAZ


Muller de Julio Prieto Nespereira. Foi unha actriz de éxito en España e falece de forma prematura o 3 de outubro de 1933.
Vid: Historia en cuatro tiempos. La Región.

MARGARITA ASTRAY REGUERA


Escritora nacida en Ourense en 1885. Recibiu unha educación moi refinada por parte da súa familia en música e literatura. Casou aos 18 anos cun enxeñeiro de camiños pero enviuvou pronto quedando cun fillo e serios problemas económicos que tratou de solucionar dando concertos en Francia, Italia, Suiza, Inglaterra e Portugal, fixando a súa residencia en París ata 1916, ano no que regresa a España. Aquí dedícase exclusivamente á literatura e a colaboracións literarias en diversos periódicos tanto españois como franceses, tamén americanos. En 1921 funda o folletín "Ideales" que inaugura cun conto seu "Por que no supo reír". Conta con obras de teatro tituladas "Alma de mujer" e "Santiña". En 1922 estrena en Madrid a obra "Otro beso" que tivo un grande éxito. Falece en Madrid polo 14 de abril de 1936 e deixa viúvo a Enrique Loup.
Vid: Historia en cuatro tiempos. La Región
ABC, Hemeroteca.

BLANQUITA GÓMEZ DEL VALLE

Blanca Gómez del Valle, filla de emigrantes ourensás, nace en Cuba. Tivo unha vida marcada polos falecementos da súa familia que eran comunistas. Foille requisada toda propiedade por "rojos". En 1939 casou co pintor Prego de Oliver. A prensa local facía alusión a Blanca Gómez da seguinte forma: " La joven Blanquita Gómez del Valle que en 1933 participaba en uno de los muchos concursos de belleza que se celebraban ese año en España, tenía 18 años y hacía sólo tres que había regresado de Cuba donde nació y donde su padre, emigrante orensano, hizo fortuna con una cadena de carnicerías. A Blanquita sólo le quedaban tres años de vida feliz y despreocupada con una madre culta y moderna y unos hermanos activistas y cultos.En 1936 su madre María del Valle, su hermano Manolo, comunista, poeta, periodista y miembro de ‘La Barraca’ y su otro hermano Ricardo, serían asesinados, siendo Manolo el primer asesinado en Orense. Antes otro hermano pequeño había muerto en accidente.Blanquita se queda viviendo con su hermano Ernesto y sus hermanas desprovistos de toda propiedad, que les fueron requisadas por ‘rojos’, y comienza su trágica vida. En 1939 se casa con Manuel Prego de Oliver, maestro represaliado también por el delito de ser crítico con la Iglesia y con el cura de su pueblo en particular. Empujado por Blanca dejaría el Ejército para dedicarse a la pintura como profesional cuando ya tenían dos de los seis hijos del matrimonio a los que Blanca educaría sin trasmitirles el menor odio o resentimiento hacia los asesinos de su familia. Blanca compartía las penurias de vivir con un artista hasta que éste consigue hacerse un nombre. En 1999, viuda ya desde hacia unos años, Blanca muere a los 85 años tan guapa, o incluso más, que en sus años jóvenes aunque sin perder un toque de tristeza en la mirada del que -según sus hijas Laura y Margarita- no consiguió deshacerse nunca". Vid: La historia en cuatro tiempos, La Región.

31 marzo 2010

CLARA SILVA


Clara Silva é filla de familia de artistas. Nos anos cincuenta, sendo estudante de Filoloxía inglesa, trasládase a Oxford para practicar o idioma. Alí realizaría a súa tesina e residiría dous anos. Casou e residiu co seu home en Inglaterra. Actualmente vive en Ourense onde rexenta unha academia de inglés.
Vid: "Historia en cuatro tiempos", La Región.
Foto: La Región

MATILDE LLÒRIA

Matilde González Palau, máis coñecida como Matilde Llòria, naceu en Almansa en 1912 e faleceu en Valencia en 2002. É filla adoptiva da cidade de Ourense. Escritora en lingua catalá, galega e castelá. Residiu en Ourense dende 1942. En 1954 foi homenaxeada pola Asociación Cultural galega "Ponga, Artes y Letras", cuxo discurso foi lido por Don Ramón Otero Pedrayo e ao acto asistiron todas as personalidades ourensás. Gaña o concurso literario convocado polo Centro Galego de Bos Aires con motivo do 50 Aniversario da morte de Curros Enríquez pola obra "Centileo". Estaba casada co médico Don Federico Lloria que exerce como médico en A Merca e logo en Ourense e foi nomeado médico do Instituto de Previsión de Ourense ata 1969. Parece ser que pertenceu á cúpula do partido Comunista á súa chegada a Ourense. A súa dona, Matilde, doou a biblioteca do seu home á Deputación Provincial. Obras en galego: "Caixiña da música" e "Dou fe" os dous libros de poesía. Nunha entrevista feita por Segundo Alvarado dicía o seguinte: "Matilde G.de Lloria, con su esposo, el que fue médico en Orense durante muchos años, don Federico Lloria Llovera, tan cariñosa y respetuosamente recordado, estaban en Orense desde el pasado viernes, día 2.Visitaron a numerosos amigos.Han estado en otros lugares de Galicia.Ahora, tras la jubilación del doctor Lloria, aprovechan los veranos para acercarse a la que fue su Galicia durante un cuarto de siglo. ¿Tanto?Tanto.Recuerda que llegamos a esta provincia, como desterrados, allá en el 42, y tras estar en La Merca y en El Cumial, nos vinimos a vivir a la ciudad, primero en un piso de Curros Enríquez, luego, ya definitivamente, al chalet de la calle Bedoya, aquel que tú dijiste en un artículo del periódico "este será, para la historia de Orense el chalet de los Lloria", como gratísimo recuerdo a nuestra estancia aquí. Efectivamente, tanto el doctor Lloria Llovera, a cuyos enfermos del Seguro de Enfermedad recibía casi totalmente en su propio domicilio para poder atenderlo mejor, como su esposa Matilde, fueron unos valencianos que acabaron afincándose por espíritu y devoción a esta tierra gallega, hasta el extremo de que Matilde Lloria aprendió la lengua gallega y en ella escribió bellos poemas. ¿Cómo encuentras Orense en este nuevo retorno?La ciudad la encuentro muy cambiada en su aspecto urbano, pero conserva su peculiar interés dentro de su modestia y muy particularmente en lo que queda más alejado y en lo más próximo a mi corazón.Por donde quiera que vaya, se me cruza un aire antiguo que la ciudad conserva, y que es realmente maravilloso.Por eso esta mañana estuve en la bella y recoleta plaza de La Magdalena. Allí se me vino a la memoria un poema que había escrito para la calle del Olvido, poema que había premiado el Ayuntamiento y que guardo con especial cariño:"Allí donde el silenciose hizo oscuro peldañoy cantay reza al airesu dormido sosiego..."No recuerdo más.Era así el comienzo de una "balada para la calle del Olvido". Para los que no conocen a Matilde Lloria -y hay que hacer referencia siempre a su esposo el doctor Lloria - podrán creer que su paso por esta ciudad, todos los veranos, como unas vacaciones o una excursión, es algo así como lo que vulgarmente se dice "recordar tiempos".Los que conocemos a estos valencianos, hijos adoptivos los dos de esta ciudad, podemos atestiguar que llegan aquí, siempre que el tiempo lo permite, como un rito, una peregrinación.Matilde para renovar su ya inagotable "saudade", Federico para retornar a los años difíciles, que fueron sus años fraternos y amicales de este Orense que no olvidan.(Segundo Alvarado, 1983)" Vid: Historia en cuatro tiempos, La Región.

27 marzo 2010

PILAR CID CASTRO

Pilar Cid Castro naceu en Acevedo del Río, Ourense, e foi mestra da escola de Santa Eufemia. Aos vintetrés anos matricúlase na Facultade de Farmacia no primeiro terzo de século XX. Vid: AHUS., Expedientes personales, cartapacio nº. 251 e AIOP., Expedientes académicos, caixa 350/3.

23 marzo 2010

OBDULIA PRIETO NESPEREIRA


Obdulia Prieto naceu en Ourense e era irmá do artista Julio Prieto Nespereira. Sendo moi nena e con tan só oito meses de preparación examinouse no Conservatorio Nacional de todas as materias de solfexo e as dúas primeiras de piano, obtendo a máxima cualificación. Rematou a carreira de Profesora Elemental, Superior e Armonía. Foi a primeira alumna muller no Real Conservatorio sufragando a Deputación Provincial os gastos desta virtuosa pianista e compositora. A prensa da época, La Región, dicía textualmente:
"No es la primera vez que escribimos en estas columnas el nombre de Obdulia Prieto Nespereira seguidos de unos cuantos adjetivos justos y merecidos. Pero siempre fue la pianista que interpretando las portentosas creaciones de Listz, o las románticas y evocadoras páginas de Chopin, las romanzas de Mendelssohn, todo gracia, sentimiento, o las sonatas eternamente bellas de Beethoven, nos asombraba con su técnica sólida, su esquisita sensibilidad con su admirada y honda comprensión interpretativa..."
Vid: La Región, 27 de febrero, 1927. Foto, idem.

20 marzo 2010

PURIFICACIÓN PARDO CASTRO DE RIESTRA


Dona Purificación Pardo Castro de Riestra naceu en Ourense en 1905. Casou con Don Ignacio Riestra Calderón, nacido en Pontevedra en 1903, da cuarta xeración dos Marqueses de Riestra. Dona Purificación foi Madriña da Bandeira del Somatén. A institución armada Somatén foi creada en época de Primo de Rivera e tiña como finalidade dar apoio ao réxime. Pois ben, normalmente nomeábase unha Madriña de honra e esta recaeu en Dona Purificación Pardo Castro de Riestra. Cando casou co marqués trasladáronse a Madrid a residir e morreu aos 91 anos, en 1995.
Foto: La Región, 4 de xuño de 1929.

19 marzo 2010

PEREGRINA POUSA

Peregrina Pousa naceu en Regodeigón, Ribadavia, no ano 1877. No curso 1912 e 1913, cando tiña 37 anos, realiza estudos de matrona na Facultade de Medicina de Santiago de Compostela e obtivo a máxima cualificación. Estes estudos comprendían dous cursos.
Era unha opción bastante atractiva para aquelas mulleres que quixeran desempeñar unha profesión de certo rango xa que non implicaba ningún tipo de cuestionamento nin traba, pois considerábase moi adecuada para a muller (precisamente porque as propias parturientas así o preferían). Quizais o difícil foi determinar como organizar estes estudos. A tal fin ditouse a Real cédula o 10 de decembro de 1828, e de forma máis exhaustiva, a do 21 de novembro de 1861 onde se regulou o ensino de practicantes e matronas. Para realizar esta especialidade requiríanse unha serie de condicións: ter cumpridos 20 anos, ser casada ou viúva, ter cursado a primeira ensinanza elemental completa e ter aprobado as disciplinas seguintes: obstetricia, fenómenos do parto e sobreparto naturais e os laboriosos, regras para asistir ás parturientes e paridas e aos nenos, primeiros e urxentes auxilios e maneira de administrar auga. Os estudos e prácticas efectuaríanse a porta pechada e en horas distintas dos practicantes. Dita sección autorizouse en Madrid, Barcelona, Granada, Santiago, Sevilla, Valencia e Valladolid. O RD de 10 de agosto de 1904 no seu artigo 13 di que para facer a inscrición no primeiro curso de matronas esixíanse estes requisitos: primeiro, ser maior de idade; segundo, certificado de aprobación nunha Escola Normal de mestras, da ensinanza primaria superior; terceiro, autorización do home se fora casada. Vid: AHUS., Expedientes personales, cartapacio nº. 1.119 ORTIZ GÓMEZ, Teresa, “De matrona a matrona: Francisca Iracheta y la divulgación de la ciencia obstétrica en España en 1870”, en Arenal, nº 1, vol. 6, pp. 183-195. Cid Galante, Rosa Mª, Muller e educación en Ourense (1900-1930), Tese inédita da Universidade de Vigo.