Etiquetas

08 junio 2009

CARMEN FERNÁNDEZ

De novo estiven a ollar o libro "Rostros da Memoria" de Xurxo Lobato. É un libro fotográfico entrañable. Alí atopei, xunto a moitos, á "Chelo". Pois ben, hoxe quixera mencionar a outra muller que, aínda que non aparece fotografada pois é mencionada como nai de Camilio de Dios Fernández, tivo que sufrir as consecuencias da represión. Pois ben, Carmen Fernández era nai de Camilo de Dios Fernández, de Sandiás. Era unha familia republicana e Carmen estivo en diferentes cárceres de Galicia e do resto do estado. Seu fillo, Camilio, foi un dos guerrilleiros que foi detido en 1948 e estivo en prisión durante anos.
Vid: Lobato, Xurxo, Rostros da memoria, Xunta de Galicia, 2007.

1 comentario:

  1. Graciñas polo comentario do meu blog OurensenoTempo, se me facilita un mail, podolle achegar algunha imaxe que lle pode interesar.
    Saudos e grazas por iste blog que non coñecia, pero pasara a ser dos de visita forzosa.

    ResponderEliminar