Etiquetas

10 mayo 2009

ROSA PONS

Naceu en Barcelona no ano 1902 pero exerceu a docencia en Ourense, Parada do Sil, onde faleceu no ano 1982. Exerceu a docencia desde 1925 até 1967. Realizou os seus estudos de maxisterio en Cataluña e desde 1925 trasladouse a Parada do Sil, onde contraeu matrimonio co secretario do concello, Camilo Yáñez, con quen tivo dous fillos, Rosa, en 1928, e Camilo, en 1930. Xunto co cura da localidade, José Manuel Soto, fundou o Teleclub Ouro do Sil, organizando actividades teatrais, xornadas de alfabetización e excursións educativas. Ademais, foi unha das primeiras profesoras que retomou as festas populares como os magostos e o Día da Árbore. A mediados dos 60 regresou a Barcelona, onde se xubilou en 1967. Un ano máis tarde volveu a Parada do Sil para colaborar estreitamente co Concello, promovendo a escola para maiores, sendo alcalde Francisco Magide, pai do actual rexedor co mesmo nome. Morreu en 1982 e os seus restos continúan no cemiterio de Parada do Sil.
O profesor da Facultade de Ciencias da Educación, Xosé Manuel Cid Fernández, que publicará proximamente un libro sobre esta docente, aclarou que unha das tácticas educativas máis novas que a profesora implantou na provincia, ademais das misións pedagóxicas na Ribeira Sacra, foi o sistema de correspondencia escolar entre nenas de Barcelona e Parada do Sil, para favorecer a aprendizaxe práctica da escritura.

No hay comentarios:

Publicar un comentario