Etiquetas

10 abril 2009

ELISA NOGUEIRA

Elisa Nogueira foi elexida alcaldesa de San Cibrao  no ano 1979. Foi unha das poucas mulleres que, unha vez rematada a ditadura e emprendido o período democrático, accederon ao mundo da política chegando a ocupar un cargo importante para aquel entón. Elisa Nogueira foi  rexidora do concello de San Cibrao durante unha trintena de  anos de xeito ininterrumpido. Como ela dicía, houbo de compaxinar a vida política coa familiar que non era doado pero, se unha se propón, pódese facer. Daquelas, en 1979  dos 95 municipios da provincia só ela e Pilar Otilia López eran as alcadesas.