Etiquetas

08 abril 2009

SUSANA SENRA

Susana Senra é unha xogadora de baloncesto nacida en Ourense de 1.88 m e 32 anos que xoga de 4, e ten unha dilatada traxectoria no baloncesto español. Entre os anos 1996 e 2001 militou na liga Feminina en Celta, AC Cortejada, Tres Cantos e Santa Rosa de Lima. Tras xogar un ano no Äanaekosken Huima da liga finlandesa, na tempada 2001/02 xogou en Liga Feminina 2 en Rivas Cidade do Deporte. Posteriormente continuou competindo nesa categoría, primeiro en Guadalaxara (2002/06) e na última tempada no Isolux-Corsan Alcobendas.