Etiquetas

26 abril 2009

RAFAELA RODRÍGUEZ

Rafaela Rodríguez foi a primeira muller matriculada no Instituto Provincial de Ourense no curso 1880-1881 cando contaba con 12 anos. Era natural de San Eusebio da Peroxa e no 1885 examinouse de grao de bacharelato obtendo uns brillantes resultados.
Vid: Benso Calvo, Carmen e Cid Galante, Rosa María, "A participación das mulleres ourensás no ensino secundario (1900-1930)" Sarmiento: Anuario galego de historia da educación, nº 10, 2006, pp. 147-185.
Flecha García, Consuelo, Textos y documentos sobre educación de las mujeres, Sevilla, Kronos, 1998.

No hay comentarios:

Publicar un comentario