Etiquetas

08 abril 2009

MªTERESA MIRAS PORTUGAL

Nacida en Carballiño (Ourense), casada con dous fillos. Licenciada en Farmacia con Premio Extraordinario e Premio Nacional fin de carreira. Doutora en Farmacia (Madrid) e Doutora Sciences (Estrasburgo, Francia), Catedrática de Bioquímica e Bioloxía Molecular da Universidade Complutense. Académica Numeraria da Real Academia de Farmacia. Membro de numerosas sociedades científicas, ocupando cargos de responsabilidade nas súas directivas, entre outras: Sociedade Española de Bioquímica e Bioloxía Molecular (SEBBM), European Society for Neurochemistry (ESN), International Society for Neurochemistry (ISN), Advisory Board of Chromaffin Cells, Purinergic Club, Editorial Board do Journal of Neurochemistry, Subcomité para nomenclatura de receptores da IUPHAR, etc. Organización de congresos e simposios nacionais e internacionais. Máis de 30 proxectos de investigación nacionais e internacionais. Catorce Teses Doutorais dirixidas, cinco delas con Premio Extraordinario. Máis de 180 publicacións en revistas internacionais, centradas en neurociencias, fundamentalmente en neurotransmision, procura de novos neurotransmisores, sobre todo nucleotídicos, mecanismos de resposta celular e funcionamento sináptico.
Vid:http://www.madrimasd.org/queesmadrimasd/Pricit/PlanNet/documentos/08/componentes/CVMIRAS.pdf

No hay comentarios:

Publicar un comentario