Etiquetas

08 abril 2009

MIRIAM REYES


Miriam Reyes. Ourense, 1974. Estudou Letras na Universidade Central de Venezuela e Filoloxía Hipánica na Universitat de Barcelona. Deuse a coñecer como poeta na antoloxía Feroces (DVD, 1998). Despois diso publicou tres libros de poesía, Espello Negro (DVD, 2001), Bela Dormente (Finalista do XIX Premio de poesía Hiperión, 2004) e Desaloxos (Hiperión, 2008). Desde o ano 2000 combina o traballo da palabra co da imaxe, levando a poesía a outros formatos como o vídeo ou a película flash.