Etiquetas

07 abril 2009

MARIA RUIDO

Naceu en Ourense en 1967. Realizadora de vídeo, investigadora e produtora cultural, desenvolve desde 1996 proxectos interdisciplinares sobre a elaboración social do corpo e a súa ubicación nos imaxinarios do traballo, así como sobre os mecanismos de construción da memoria e a súa relación coas formas narrativas da historia. A concepción da súa arte xenera novas representacións que trastocan o convencionalismo. A súa arte é unha ferramenta política e social. Actualmente vive en Barcelona, onde é profesora no Departamento de Deseño e Imaxe da Universidade de Barcelona, e onde forma parte de varios grupos de estudo sobre a representación e as súas relacións contextuais. Unha das súas impresionantes obras é o Plan Rosebud. Tras dous anos de rodaxe, ducias de entrevistas e investigación en filmotecas e arquivos (da BBC á TVG, de fondos privados ao Imperial World Museum), a artista ourensá partiu a peza en dúas. A xénese do proxecto é un traballo comparativo entre políticas de memoria entre Galicia, España e o resto de Europa. No seu ensaio en formato documental non hai tese. "Non é un documental historiográfico, non contamos a guerra nin a posguerra. Relátase o presente dos lugares da guerra e da memoria, como se cousificou a memoria e se construíron espazos turísticos". Grande parte da película transcorre entre Londres -Gran Bretaña conserva 5 de máis de 300 campos de prisioneiros- e Galicia. De San Simón e o estatismo funerario de Normandía ao Valle de los Caídos, onde se entrevistou con xente da Fundación Franco. Aquí empézase a intercalar a reflexión sobre a imaxe. http://www.elpais.com/articulo/Galicia/Maria/Ruido/analiza/as/politicas/da/memoria/Plan/Rosebud/elpepiautgal/20081212elpgal_17/Tes

No hay comentarios:

Publicar un comentario