Etiquetas

08 abril 2009

LAURA GONZÁLEZ-MOLERO

Laura González-Molero, presidenta do grupo farmacéutico Merk Farma e Química en España, recibiu o "Premio Executivo do Ano 2007". O galardón foille outorgado por unanimidade polo Xurado dos Premios Empresariais da Cámara de Comercio e Industria de Madrid. É a primeira muller que recibe este premio, que este ano 2007 alcanzou o seu vixésimo cuarta edición. Nacida en Ourense, Laura González é licenciada en Farmacia pola Universidade Complutense de Madrid e Executive MBA polo IE. Desenvolveu a súa carreira profesional no sector farmacéutico onde, entre outros cargos, foi directora de vendas para España e Portugal de Produtos Roche, división Diagnóstica; directora xeral dos laboratorios farmacéuticos Guerbet e xerente farmacéutica de Essex, división de Schering- Plough España, empresa mutualista de Ibermutuamur.

No hay comentarios:

Publicar un comentario