Etiquetas

08 abril 2009

KINA FERNÁNDEZ

A deseñadora Kina Fernández, nacida en Celavente en 1947, decide sendo moi nova trasladarse a París, cidade que esperta o seu interese polo mundo da moda. Alí empeza un período de aprendizaxe que hoxe aínda continúa. Madurados os coñecementos adquiridos en París, decide instalarse na Coruña, onde abre unha pequena tenda de roupa. A boa marcha do negocio lévalle a iniciar a fabricación de pezas que, ademais de abastecer o seu propio comercio, decide vender a terceiros. Nun paso máis, Kina aposta pola actividade fabril, que empeza a desenvolver en 1979. Co obxectivo de ofrecer o mellor produto, Kina Fernández opta desde o nacemento da súa empresa polas novas tecnoloxías e as innovacións, asistida sempre por un equipo de persoas cualificadas para iso. Hoxe os seus obxectivos oriéntanse cara a dous camiños: o primeiro consiste en seguir incrementando o seu xa consolidada rede de tendas e corners tanto en España como no estranxeiro; o segundo, en aumentar a súa implantación e distribución en novos mercados internacionais.