Etiquetas

09 abril 2009

INÉS DE CASTRO?

Na bibliografía consultada non hai concordancia acerca do lugar e datas de nacemento de Inés de Castro. Xa fose na Baixa Limia ou en Monforte de Lemos, en 1320 ou en 1325, Inés é filla natural de Pedro Fernández de Castro e Aldonza Soares de Valladares, e pasa a súa nenez no Castelo de Peñafiel (Valladolid) co seu tío Don Juan Manuel e a súa prima Constanza. Co tempo, Constanza será requirida para casar na Corte portuguesa co infante Pedro I, fillo do Rei Afonso e primo segundo de Inés. Para cumprir o requirimento Constanza e Inés, como a súa dama de Compañía, parten para Portugal en 1340. Conta a lenda que Inés e Pedro o Infante fican engaiolados un do outro con só se coñecer, e inician a súa historia de amor. Esta relación, desde o comezo, vai contar coa firme oposición do Rei Afonso e da Raíña Beatriz que chegan a desterrar a Inés en varias ocasións.En 1345, Constanza morre no parto do seu terceiro fillo. Neste momento, Inés mora desterrada en Alburquerque e Pedro reclama a súa volta a Coimbra. A parella instalase no entorno do convento de Santa Clara e terán catro fillos: os infantes Afonso (que morrerá ao pouco de nacer), Joao, Dinís e Beatriz. A convivencia da parella verase perturbada pola continua oposición dos reis de Portugal. O Rei Afonso, influído polos conselleiros ameaza de morte a Inés, e recoméndalle o afastamento de Coimbra. Inés desatende a ameaza. No castelo de Montemor-o-Velho, decrétase o seu axustizamento, e finalmente o 7 de xaneiro de 1355, ante a presenza dos seus fillos, Inés é degolada no xardín da Quinta polos conselleiros do rei.En 1357, morre o rei Afonso, e Pedro herda o trono. O rei proponse vingar a morte de Inés e a posterior declaración de raíña á xa finada Inés de Castro. Pedro determinou esculpir un túmulo funerario para Inés no Mosteiro da Alcobaça.

No hay comentarios:

Publicar un comentario