Etiquetas

08 abril 2009

DOLORES VILLARINO

Dolores Villarino naceu en Xinzo de Limia o 9 de febreiro de 1945. É unha política española, presidenta do Parlamento de Galicia desde o 18 de xullo de 2005, e membro do Partido Socialista de Galicia-PSOE. Foi unha das deputadas máis destacadas da actividade parlamentaria do PSOE durante os últimos anos, como portavoz de Economía. Licenciada en Ciencias Económicas e Empresariais, foi a primeira tenente de alcalde e concelleira das áreas de Persoal, Patrimonio, Facenda e Planificación Urbanística do Concello de Vigo, entre 1991 e 1995. Desde este último ano a 1997, foi portavoz do grupo municipal socialista e até 2001 foi tamén edil de Turismo na corporación viguesa. Villarino é deputada desde a V Lexislatura e na sexta foi elixida vicesecretaria da Mesa do Parlamento, sendo ademais membro da Permanente do Grupo Parlamentario e da Executiva Nacional Galega do PSDEG. A deputada electa, persoa de confianza do líder dos socialistas galegos, Emilio Pérez Touriño, concorreu ás asadas eleccións autonómicas no terceiro posto da candidatura pola provincia de Pontevedra. Será a primeira muller que presidirá o Parlamento Galego.

No hay comentarios:

Publicar un comentario