Etiquetas

09 abril 2009

CONCEPCIÓN USICH DE ROCAFULL

 Dona Concepción Rocafull Usich fixo os estudos de secundaria no Instituto Provincial dende 1913 a 1916. Naceu en Ourense en 1900 e era filla de comerciantes. Realiza todos os cursos de bacharelato matriculándose en cinco cursos por libre e nun por oficial e vai obter na maioría das disciplinas notable e nas restantes algún sobresaliente e aprobado. Remata os estudos realizando o exame de grao e acadando o título para logo trasládase á Escola Normal de Ourense. Vid: AIOP (Arquivo do Instituto Otero Pedrayo), Expedientes Personales, cartapacios ordenados alfabeticamente, caixa, 273/2-3. Traballaría no Centro Concepción Arenal, fundado pola súa irmá Dolores, que sería incorporado ao Instituto no ano 1936. Alí preparaban ás mozas nos exames de ingreso e preparatorio ao Instituto e á Normal, así como ás oposicións. Á súa irmá, Concepción Usich tamén impartiría clases no Centro. En 1933 as dúas irmás trasládanse a vivir a Vigo. Segundo consta en Vida Gallega os paisanos de La Habana déronlle alta distinción.
"Han fijado su residencia en Vigo doña Dolores Usich de Rocafull y la señorita Concepción Rocafull, muy queridas y estimadas en Orense por su labor al frente del Colegio de la Inmaculada Concepción". Vid: La Región, "Historia en cuatro tiempos", 11-09-2008.
Imaxe: Fonte: La Región, 10 de setembro 1908.
Foto de Concepción Rocafull: Vida Gallega, nº 90, 1917.

No hay comentarios:

Publicar un comentario