Etiquetas

11 abril 2009

CHUS PATO

María Xesús Pato Díaz naceu na cidade de Ourense no ano 1955, publica os seus primeiros poemas na revista Escrita (1984). Mostras da súa obra poética figuran nas revistas Luzes de Galiza, Festa da palabra silenciada, Andaina, Gume Ólisbos, Revista das letras, Dorna, Clave Orión, etc. así como nos libros editados polo Festival de poesía do Condado. En 1991 sae á luz o seu primeiro poemario, Urania. Participa nos libros colectivos: Palabra de muller, Sete poetas ourensáns, Poesía dúas aléns; no ano 1992, con outras sete mulleres, publica en Edicións do Dragón o cartafol poético 8 e medio, así mesmo participa na homenaxe a Rosalia de Castro no cincuentenario da fundación do Padroado Rosalía, edítase con este motivo un CD cos poemas recitados, música de Rodrigo Romaní e un libro que recolle os textos e fotografías de María Esteirán (1997). No mesmo ano colabora en Bis a Bis co movemento insubmiso. Participa en recitais, mesas redondas e diversas conferencias. Actualmente reside en Lalín, Pontevedra, e traballa como profesora de ensino medio.
Entre as súas obras destacan:
Urania. Vigo: Calpurnia, 1991. Poesía. Heloísa. A Coruña: Espiral Maior, 1994. Poesía. Fascinio. Muros: Toxosoutos, S.L., 1995. Poesía. A ponte das poldras. Santiago de Compostela: Noitarenga, S.C., 1996. Poesía. Nínive. Vigo: Xerais, 1996. Poesía. Gañadora do Premio Losada Dieguez 1997 Heloísa. Madrid: La Palma, 1998. Poesía. m-Talá. Vigo: Xerais, 2000. Poesía.

No hay comentarios:

Publicar un comentario