Etiquetas

08 abril 2009

CARMEN GURRIARÁN

Nacida en Ourense, estudou nos Conservatorios de Ourense, Santiago de Compostela e Madrid. Obtén o Título Superior de Piano baixo a dirección de Martín Millán. Con Elvira Padín finaliza o grao superior de canto no Real Conservatorio Superior de Música de Madrid. Amplía a súa formación con Cl. Allard, The Scholars, E. Lloris, Hesperion XX, H. Deutsch e S. Jurinac, e como pianista con J. M. Colom, A. Cano, J. Pierre Dupuy, L. Sinsev e S. Nebolsina. Estuda interpretación teatral na Escola de actores Cuarta Parede en Madrid. Realizou estudos de posgrao en Suíza con R. Petkova, D. Hall e E. de Bros, bolseira pola Xunta de Galicia e premiada pola Fundación Martha Moser de Suíza. Escenificou Amahl e os visitantes nocturnos de Menotti, A voz Humana de F. Poulenc, O retablo de Maese Pedro de Manuel de Falla, Cendrillon de P. Viardot. Estreou obras de D. do Porto, J. Arias Bal, P. Vallejo, M. Rodeiro, A. Bertomeu, J. Roda, J. M. López López, J. Torres, Falcón Sanabria, e Gz. Acilu, e cantou obras de A. Webern, L. Dallapiccola, M. Feldman, Schnittke, G. Scelsi, entre outros. Estreou a Terceira Sinfonía de David do Porto. Gravou Pierrot Lunaire de Schönberg e Stabat Mater de Boccherini, ambos para RNE; un programa de música española do s. XVIII co guitarrista Germán Muñoz para TVE-2, e "Sobre a noite" de David do Porto nun CD para o selo Verso. En 2002 participou no ciclo Novos Músicos da Orquestra Sinfónica de RTVE. Cantou coa Orquestra de Cámara Andrés Segovia, a Orquestra Real Philarmonia de Galicia, o Proxecto Guerreiro, o Grupo Modus Novus, a Orquestra de RTVE e a Orquestra da Comunidade.

No hay comentarios:

Publicar un comentario