Etiquetas

08 abril 2009

ÁNGELA RODRÍGUEZ GONZÁLEZ (ÁNGELA RODICIO)

Nacida en San Cristovo de Regodeigón, poboación do municipio de Ribadavia (Ourense), é licenciada en Xornalismo pola Facultade de Ciencias da Información da Universidade Complutense de Madrid. Foi colaboradora en xornais locais como a Voz de Galicia, o Faro de Vigo e a Rexión de Murcia. Traballou para algunhas das televisións máis importantes a nivel mundial como a CNN ou a BBC. En 1989 ficha por TVE. Durante a súa etapa na televisión pública española, converterase nun dos rostros máis coñecidos da pequena pantalla polo seu labor como corresposal e reporteira nos principais conflitos de Oriente Próximo. Foi testemuña directa da Guerra de Afganistán, os conflitos de Kósovo e a Guerra de Iraq. Foi galardoada con diversos premios como o Bravo de Prensa e Televisión, no 2001, o Premio Galicia de Comunicación e o Premio Galicia en Feminino, pola súa campaña contra a discriminación das mulleres no 2002. Ademais, é autora dun libro titulado, A Guerra sen Frontes; De Bagdad a Saraxevo: memorias dunha enviada especial, publicado en 1998 pola editorial Temas de Hoy. Foi guionista do documental No nome de Alá, unha reportaxe para a televisión que foi presentado no Festival de Montecarlo.