Nace en Castrelo do Val o 16 de abril de 1923 no seu dunha familia de clase media sendo o seu pai funcionario de obras públicas. En 1940 Antonia ingresa na carreira de Filosofía e Letras da Universidade de Santiago onde estudará catro cursos e licenciándose en 1944.
Vid: Cid Galante, Rosa María, Muller e educación en Ourense (1900-1930), Vigo, Universidade de Vigo, 2011.
Historia das nosas mulleres ourensás
UNHA HOMENAXE ÁS NOSAS MULLERES
É un feito incuestionable que na historiografía contemporánea se suscitou un interese crecente polos estudos sobre a muller dende diferentes puntos de vista, o que permitiu reconstruír unha parte importante, ata agora silenciada, da nosa historia.
Se revisamos manuais de historia xeral, apenas aparecen mecionadas as mulleres. Pero, afortunadamente, isto vai cambiando.
Este blog pretende dar a coñecer a mulleres do noso contorno que tiveron relevancia pola súa traxectoria vital. Intenta poñer de relevo a aquelas mulleres ourensás, de antes e de agora, que fixeron e fan pegada na historia. Son nomes propios que debemos coñecer porque é un xeito de manifestar que a nosa provincia tamén participou na "visibilización" da Muller.
Nas mulleres citadas verémonos reflectidas ao compartir as súas inquedanzas, as súas ilusións, as súas loitas ...
Salientamos estas, aínda que, de ningún xeito, hai que esquecerse de tantas mulleres anónimas que en Ourense foron e son protagonistas na nosa vida cotiá e diaria.
Con probabilidade nunca este blog se completará de todo, pois cada día emerxen novos nomes propios dos que sentirnos orgullosos todos os ourensáns.
Moitas grazas a todo o mundo por interesarse por este blog que se fai con moito cariño e respecto.
Rosa María Cid Galante
18 marzo 2012
17 marzo 2012
MARIA DO CEO
A música e a vida de María do Ceo transcorren nas dúas beiras do río Miño. Nada en Porto, trasládase de pequena a Galicia, onde cultivou o xénero portugués por antonomasia, o fado.
Portuguesa de nacemento, María do Ceo chega a Ourense con sete anos e desde entón reside na cidade das Burgas. Entrou no mundo do fado da man do seu pai, fadista de profesión, que lle fixo sentir a profundidade desta expresión musical tan xenuinamente portuguesa.
María do Ceo empezou a cantar en 1988, pero non foi até 1995 cando se creou Alfama, grupo ao que vai unido desde entón o seu nome e que a acompaña en cada un dos seus concertos.
Vid: Caixa Galicia

Etiquetas:
Música
MULLERES RESISTENTES AO FRANQUISMO
Neste apartado poderiamos citar a moitas mulleres. Como se observa, no blog hai mención de gran número de ourensás que se opuxeron ao franquismo. Nesta entrada citaremos a un grupo de mulleres foron parte activa na resistencia ao franquismo xa que participaron no corte dos postes de liña telegráfica situados na estrada e rexistraron os automóbiles que entraban e saían a Ourense pola estrada Villacastín-Vigo. Foron un grupo de mulleres que logo foron xulgadas polos tribunais de guerra: Rosa Fernández Lorenzo, Nila Fontaíña Freire, Isolina González Fernández, Javiera González Fernández, Elisa Gutierrez Lorenzo, Eusebia Iglesias Borrajo, Carmen Nóvoa Pereira, Josefa Pereira Gutiérrez, Veneranda Santos, María Sequeiros González e Josefa Tesouro Picouto.
Vid: Prada Rodríguez, J. "As mulleres e a resistencia antifranquista (1936-1945)" en De Juana, J. e Prada, J. (dir) As mulleres en Galicia no século XX, Ir Indo, 2011, p. 175.

Represaliadas
GLORIA ARIAS
Natural de Ourense. Participou activamente no corte de liñas telegráficas e telefónicas no Xardín do Posío o 20 de xullo de 1936 evitando así que se transmitisen instrucións por parte dos golpistas aos postos da Garda Civil e ás alcaldías da provincia.
Outro grupo de mulleres foron parte activa cortando postes de liña situados a carón da estrada, eran: Rosa Fernández Lorenzo, Nila Fontaíña.
Vid: Prada Rodríguez, J. "As mulleres e a resistencia antifranquista (1936-1945)" en De Juana, J. e Prada, J. (dir) As mulleres en Galicia no século XX, Ir Indo, 2011, p. 175.
Outro grupo de mulleres foron parte activa cortando postes de liña situados a carón da estrada, eran: Rosa Fernández Lorenzo, Nila Fontaíña.
Vid: Prada Rodríguez, J. "As mulleres e a resistencia antifranquista (1936-1945)" en De Juana, J. e Prada, J. (dir) As mulleres en Galicia no século XX, Ir Indo, 2011, p. 175.
Etiquetas:
Represaliadas
IRENE RODRÍGUEZ GARCÍA
Chamada polo alcume de "A Pasionaria de Ferreiros. Formou parte do grupo de mulleres raianas que tiveron un importante papel na supervivencia dos fuxidos. Foi trasladada á prisión de mulleres de Bande e Celanova.
Vid: Martíns Rodríguez, MºVictoria, "La represión franquista sobre as mulleres" en De Juana, J. e Prada, J. (dir) As mulleres en Galicia no século XX, Ir Indo, 2011, páx.159.
Vid: Martíns Rodríguez, MºVictoria, "La represión franquista sobre as mulleres" en De Juana, J. e Prada, J. (dir) As mulleres en Galicia no século XX, Ir Indo, 2011, páx.159.
Etiquetas:
Represaliadas
TERESA NOVELLE RODRÍGUEZ
Teresa Novelle Rodríguez naceu en Ourense polo ano 1892. Foi a muller do militante comunista Aniceto San José e vivían en A Coruña. Foi unha das mulleres que colaboraron nas redes clandestinas contra o franquismo que organizaban fuxidas polo mar. Cando tiña 48 foi xulgada en A Coruña por rebelión e foi condeada a 20 anos de prisión.
Vid: Martíns Rodríguez, MºVictoria, "La represión franquista sobre as mulleres" en De Juana, J. e Prada, J. (dir) As mulleres en Galicia no século XX, Ir Indo, 2011,páx. 159.
Vid: Martíns Rodríguez, MºVictoria, "La represión franquista sobre as mulleres" en De Juana, J. e Prada, J. (dir) As mulleres en Galicia no século XX, Ir Indo, 2011,páx. 159.
Etiquetas:
Represaliadas
26 febrero 2012
BASILISA ABELLA ALONSO
Naceu en 1911 e estudou no Instituto Provincial de Ourense pero non era natural de Ourense. Ingresou nos estudos de bacharelato no ano 1922, cando tiña 11 anos. Estudou os seis cursos por libre e, cunha media de aprobado, acadou o título de bacharelato e logo trasladouse á Escola Normal de Ourense.
Vid: Cid Galante, Rosa María, Muller e educación en Ourense (1900-1930), Tese publicada en formato CD por Normalización Lingüística da Universidade de Vigo.

Bachillera de comezos de século XX,
Pioneiras
10 febrero 2012
ROSINA SÁNCHEZ GÓMEZ
De novo conto coa colaboración de Ana Malingre. Esta vez proporcióname información da súa tataravoa, Dona Rosina Sánchez Gómez, que era a muller de Lamas Carvajal e a que ao longo da súa vida axudou ao seu home a escribir xa que el era cego. Non en van, a prensa do momento, La Región do 16 de novembro de 1940 escribiu os seguintes eloxios sobre "La mujer del poeta":
Grazas, Ana.
Grazas, Ana.
Etiquetas:
Vidas curiosas
28 enero 2012
AUREA DELGADO, CARMEN ESMORÍS E ROSARIO ÁLVAREZ
Emilio Portabales, membro da Coral de Ruada, facilitoume esta información que hoxe expoño no blog de mulleres. Trátase de tres mulleres ourensás que pertencían ao cadro de declamacións do coro Os Enxebres. Por aqueles anos non había mulleres nos coros, por iso a relevancia que lle damos aquí a estas tres cantantes. Aquí aparecen na publicación "Vida Gallega", nº 146, 1920.
Etiquetas:
Música
21 enero 2012
ELENA ABELAIRA FERNÁNDEZ
Naceu en 1910 en Ourense cidade. No ano 1923 ingresa con 13 anos no Instituto Provincial de Ourense para realizar os estudos secundarios. Realizou os seis cursos de bacharelato algúns pola opción libre e outros pola opción oficial. Acada o título de bacharelato coa calificación media de aprobado e posteriormente solicita traslado á Escona Normal de Ourense.
Estamos ante outra muller pioneira de Ourense que non se resistiu a ampliar a súa formación e titularse nunha carreira superior.
Vid: Cid Galante, Rosa María, Muller e educación en Ourense (1900-1930), versión editada en CD, Unversidade de Vigo, 2011. (Localizable en diversas bibliotecas)
Estamos ante outra muller pioneira de Ourense que non se resistiu a ampliar a súa formación e titularse nunha carreira superior.
Vid: Cid Galante, Rosa María, Muller e educación en Ourense (1900-1930), versión editada en CD, Unversidade de Vigo, 2011. (Localizable en diversas bibliotecas)
Etiquetas:
Bachillera de comezos de século XX,
Pioneiras
02 enero 2012
OFELIA NIETO
Introducimos neste blog a Ofelia Nieto, irmá de Ángeles Otein. Facemos mención dela pois, aínda que non naceu en Ourense, o seu avó por línea materna era de D. Luis Iglesias natural de Orense, así que está vinculada á nosa cidade.
O día 18 de Marzo de 1898 naceu en Algete (Madrid). Foi unha gran cantante de ópera e zarzuela que debutou no Teatro da Zarzuela de Madrid en 1914, estreando a zarzuela Maruxa. Obtivo un gran éxito e así iniciou unha brillante carreira que a levou aos máis importantes teatros de Europa e América como o Real de Madrid, o Liceo de Barcelona, o Real de Roma, a Scala de Milán, o Metropolitan de Nova York, etc., e ás principais cidades hispanoamericanas.
Antonio Campos, membro do coro do Teatro Real de Madrid, foi quen descubriu os dotes cantores de Ofelia que, acto seguido, estudou no Conservatorio de Madrid co tenor Lorenzo Simonetti, quen estrease La Dolores.
O 28 de maio de 1914, debutou no Teatro Real de Madrid estreando Maruxa, xunto ao baixo Francisco Meana e Juan Bautista Corts, todos baixo a dirección de Pablo Luna. O éxito alcanzado, levouna moi pronto a cantar Ernani, Madama Butterfly e A Boheme, substituíndo á soprano Rosina Storchio. A continuación, percorreu España nunha xira de recitais xunto á súa irmá a soprano Anxos Ottein e o pianista Raffaele Terragnolo.
En 1918 estrea a ópera El Avapiés de Conrado do Campo e Angel Barrios, xunto á contralto María Gai, baixo a dirección do mestre Enrique Fernández Arbós.
En outubro de 1919 fai a súa presentación no Teatro A Pergola de Florencia, cantando Manon, xunto ao tenor Dino Borgioli; e Aida, xunto a Ismaelle Voltolini.
En 1920, cantou o Mefistófeles de Boito no Teatro Real de Madrid, xunto a Vincenzo Bettoni; e o Otello de Verdi, xunto a Andrea Toscani e Luigi Montesanto. Nese mesmo ano estreou no Coliseo Albia de Bilbao a ópera Amaya de Jesús Guridi, xunto a Aga Lahowska, o tenor Isidoro de Fagoaga, Giulio Cirino e o baixo Gabriel Olaizola.
En 1921, trasládase a Sudamérica, iniciando unha xira triunfal que lle leva a cantar no Teatro Municipal de Río de Janeiro, O trobador de Verdi, xunto a De Muro, o barítono José Segura Tallien e Gramegna. A continuación debuta no Teatro Abreu de México cantando o Mefistófeles de Boito, xunto ao tenor Aureliano Pertile e Lazzari; Mignon, xunto ao tenor Perico Schipa, Pareto, Lazzari e o tenor José Mojica.
En 1922, no Teatro Esperanza Iris de México, canta Un baile de máscaras, xunto ao tenor Aureliano Pertile, o barítono Carlo Galeffi e a mezzosoprano Fanny Anitúa. A continuación preséntase no Teatro Colón de Buenos Aires, cantando As Dores, xunto ao tenor Hipólito Lázaro, Cirino e Azzolini. Uns meses máis tarde regresa ao Teatro Real de Madrid onde canta Aida xunto ao tenor Hipólito Lázaro; Tosca xunto ao tenor Miguel Freta e de novo Tosca co tenor Giacomo Lauri-Volpi.
En 1926, e coa intervención de Arturo Toscanini, canta na Scala de Milán, Lohengrin, xunto os tenores Aureliano Pertile e Carlo Galeffi; O cazador furtivo, xunto ao tenor Antoine Trantoul, o baixo Tancredi Pasero e a mezzosoprano Ebe Stignani, dirixidos todos por Gabriele Santini.
En 1928, e cando estaba na cúspide da súa carreira, retirouse da escena para contraer matrimonio co sevillano Felipe Cubas, morrendo en Madrid, o 22 de marzo de 1931.
Vid: Ofelia Nieto
Wikipedia

Suscribirse a:
Entradas (Atom)